Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

II Xornadas "Cabo Fisterra: Patrimonio Cultural Europeo"  Correo-e
martes, 22 de abril do 2008

Este venres 25 de abril de 2008 rendirase homenaxe á denominación do Cabo de Fisterra como Patrimonio Cultural Europeo. Así, celebraranse as II Xornadas "Cabo Fisterra: Patrimonio Cultural Europeo", que xuntarán a máis de 20 escritores do país en varias mesas redondas de grande interese.

O ano pasado as actividades tiveron lugar no faro, como podemos ver nas imaxes, con concertos e todo. Este ano, será no Salón de Actos do Concello onde se realicen as seguintes actividades:

Programa das XornadasImage

Venres 25 de abril de 2008

  • 17:30: Recepcións dos participantes e entrega de material e acreditacións;
  • 18:00: Inauguración con José Manuel Traba Fernández (Alcalde de Fisterra), Basilio Rodríguez (escritor e Presidente do PEN de España) e Branca Vilela (escritora).
  • 18:30: Mesa redonda I: Fisterra: A fin do camiño e comezo da lenda;
    Con Carlos Alvar, Jaime Alejandre, Luis Lamela e Pura Salceda e de Moderador: José Ramón Trujillo;
  • 20:00: Mesa redonda II: Viaxe e Literatura:
    Con Jenaro Talens, Emilio Coco, Andrés Aberasturi, Manuel Muñoz Hidalgo, Miguel Ortega Isla e Eva Rumí e de Moderador: Pedro Ramos.

Sábado 26 de abril de 2008Image

  • 11:00: Mesa redonda III: Fisterra: Territorio poético;
    Con Sandy García, Miguel Anxo Fernán Vello, Eva Rumí, José Leira, Roberto Traba, Miguel Ortega Isla, Miro Villar, Jenaro Talens, Rafa Villar, Manuel Muñoz Hidalgo, Pura Salceda, José Manuel Lucía Megías, Xavier Castro e Luis G. Tosar e de Moderador: Branca Vilela;
  • 12:30: Mesa redonda IV: Fisterra: Patrimonio literario Universal;
    Con Miguel Anxo Fernán Vello, José Manuel Lucía Megías e Xosé Leira e de Moderador: Carlos Alvar.
  • 14:00: Conclusións e Clausura a cargo de José Manuel Traba Fernández (Alcalde de Fisterra), Basilio Rodríguez (escritor e Presidente do PEN de España) e Branca Vilela (escritora).

Exposicións no Faro

Entrementres tamén se poden disfrutar no Faro de Fisterrra ata o 7 de maio a exposicóns das ilustracións dos libros “O desafío das ondas” e “Mascarón Azul”, e ata o 30 de abril Fisterra 2006, na outra sala.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Fisterra.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com