Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Denuncia cunha foto: Quenxe, Corcubión  Correo-e
martes, 22 de abril do 2008

Continuamos con esta sección tan mallada en calquera medio, que se precie ou que non, pero que coa axuda do señor Greenpeace semella algo ben interesante. Cada semana iremos mostrando as fotos que vamos mandando dende a bisbarra á Fotodenuncia da organización ecoloxista.

Hoxe imos a un punto mítico da especulación da bisbarra. A pequena Marbella de Corcubión non pasa desapercibida para ninguén e tampouco para Irene Rodríguez, que argumentaba así a desfeita:

A urbanización Chula Vista, con máis de 60 vivendas paralizadas polo concello de Corcubión, a pé de praia.

Image

Obra paralizada

A foto era enviada en decembro do pasado 2007, e semella que lle fixeron caso, porque dende o pasado mes de marzo a obra está paralizada. Óscar Ínsua contaba a morea de deficiencias coas que conta a obra, pero daquela, porque se tardou tanto en parala?

Discrepancias no concello

Este tema ademais é un dos principais motivosd de desencontro entre o BNG e o PSdeG de Corcubión. Os de Chisco presentaran alegacións en agosto do 2007, e seguiron todo o ano denunciando a política urbanística de permisidade e de favoritismos dende o antigo grupo de goberno. A opinión do BNG sobre o asunto era clara, como sinalaba hai pouco Óscar Ínsua: non hai maior desastre que non facer nada, iso foi o que fixo o anterior goberno: nada.Veremos como afronta o grupo do PSdeG agora os problemas coa devandita obra.

Fotodenuncias previas

Novas relacionadas

Fonte e máis información

  • Greenpeace.org: Fotodenuncia.
  • Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en Pontevedra: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ;
  • Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en A Coruña: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
  • Blog de Greenpeace España.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com