Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Exposición e música no café Rodín de Cee  Correo-e
miércoles, 23 de abril do 2008

Image

Descurbimos estes días un centro de actividades culturais na vila de Cee. O café-bar Rodín, situado no recheo de Cee, enfronte da entrada do concello, conta sempre con algunha actividade interesante. Estes días non son menos, e amosa a exposición dun fotógrafo marroquí e a semana que ben acollerá un novo encantador concerto de blues.Image

Mounir Zemrani

Estes días podemos disfrutar no Rodín das fotos deste fotógrafo de Tetuán. A exposición "Olladas desde a outra beira" ofrece imaxes singulares das paisaxes urbanas do seu país natal. Ademais as fotografías atópanse en venta, polo que se quedan encantados poden falar coas marabillosas camareiras do bar para facervos cunha.

Este fotógrafo de Tetuán, educado en centros españois, presenta unha interesante exposición baseada en imaxes urbanas marroquís, sempre exóticas para os nosos ollos europeos. Mounir Zemrani descríbese como un amante dos espazos abertos e diáfanos e anda, dende o ano 1995 plasmando no papel a súa paixón pola fotografía. Comenzaba como colaborador en revistas de asociacións como: "Tetouan Asmir"; ademais de realizar exposicións a través da rede como en Agrupación Fotográfica Alcoyana de Alcoi, Alicante.

Forneando blues

O vindeiro mércores  30 de abril de 2008, dende ás 23:00, o Rodín acollerá, unha vez máis, unha repichoca bluseira. E caseira, ademais, con xente da bisbarra. Varios membros do grupo "medio santiagués, medio da Costa da Morte", Baking Blues, realizarán, coa axuda de varios rapaces do IES Fernando Blanco, un encantador concerto no pequeno bar ceense.

A historia é longa e ben bonita. Nace por mór de filosofía, como moitas cousas que nos ocorren na adolescencia. Javi Turnes (Portomouro), é profesor de filosofía no instituto ceense, ademais de músico, escritor, e colaborador da Radio Neria, onde realiza un interesantísimo programa de música, "Pensar é soar", que se emite os mércores ás 23:00 na 107.8 da FM.

Javi toca no grupo Baking Blues, pero monta con varios amigos e alumnos do instituto estas jam sessions na vila ceense. Outro dos membros do equipo é Rafa Mississipi, o eterno-partenaire-harmonicista-profe de historia. Ademais, o grupo complétase para este mérocres con Drok Japo, que estará ao caixón, David Prieto ao baixo e Fran Facal na batería. Todos xúntanse cada semana na Escola de Música de Cee para tocar e tocar, co blues e o jazz, como bandeiras.Image

Deste xeito, animamos a todo o mundo a achegarse o vindeiro mércores 30 ao Rodín para disfrutar da música destes mozos ceenses, e para levar o seu instrumento, que nestas foliadas pode participar quen queira.

Máis información

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com