|

Onte recibíamos unha agradable sorpresa da man de Silvia Baña Rodríguez. A enxeñeira industrial de Camelle traballara durante un par de meses na recompilación e catalogación dos tesouros de Manfred Gnändiger, o alemán de Camelle, tempo que aproveitou para aprender unha morea sobre a vida do artista e sobre as actuacións políticas e culturais realizadas nestes 5 anos, máis de ideas que de feitos, arredor do museo de Man. Estes traballos seguen a realizarse gracias á ilusión do matrimonio Bernardo e Manon Cequera, en colaboración co Concello de Camariñas, que segue a súa colleita de frases curtas coa incitiava “Un aforismo para Man”. Así e todo, a zona segue descoidada, co muro de formigón do espigón diante e o que será peor, a piscifactoría da Xandriña xusto enfronte, ao outro lado da vila. Gustaríalle a Man esta despligue da arte do cemento? Silvia escribíanos estas preciosas palabras sobre Manfred Gnändiger: Xa é sabido por todos que Man vivía alleo a este mundo materialista; a súa arte non só está formada por pinturas e escultura senón tamén pola súa filosofía e o seu pensamento. Penso que é das poucas persoas que viviu acorde cos seus valores, cunha pegada ecolóxica positiva e cunha forma de ver a vida que non deixa indiferente a ninguén. Os aforismos de Man non eran frases que as levaba o vento. Podería dicir mil cousas máis... Graciñas Silvia. Festas de San Xurxo de Buria 2008 Deron comezo as festas en Buria. Onte comezaban os eventos, pero a trolua comeza hoxe, mércores 23 de abril de 2008. Esta noite poderemos disfrutar das orquestras Olympus e Marbella, que de seguro encherán a praza de San Xurxo. O xoves estarán nada menos que a Panorama e Noite de Estrelas. As festas estiráronse un pouco para empalmar co venres, noite tamén amenizada polas orquestras Troco e Nueva Generación. O concello enteiro agradece a boa laboura do comité de organización así como as axudas das empresas e dos emigrantes de Buria. Novas relacionadas Fonte
|