|

Este é omes da Aves do concello de Cabana, e para celebralo o concello organiza o II Congreso de Ornitoloxía e Turismo Ornitolóxico da Costa da Morte. Deste xeito, ao longo desta fin de semana (25,26 e 27 de abril de 2008), o auditorio de Cabana de Bergantiños, acollerá as actividades desta iniciativa, que trata de compaxinar, do xeito maís sostible, natureza e ocio. Durante a fin de semana realizaranse unha morea de actividades, con actividades divulgativas e de educación medioambiental para os escolares, unha morea de charlas e un roteiro pola ribeira do río Anllóns, ademais dunhas xornadas dirixidas exclusivamente aos hostaleiros da Costa da Morte sobre o aproveitamento sostible dos recursos (durante a semana) e unha exhibición de aparellos de visión telescópica e grupos ópticos. A entrada é de balde e, aínda que non é imprescindible, recoméndase que a xente se inscriba no teléfono do Concello de Cabana: 981 75 40 20 (preguntando por Martín, Lito ou Xosé María).. Obxectivos do congreso O concello de Cabana de Bergantiños pretende con esta inciativa promover a posta en valor dos recursos naturais do contorno, a biodiversidade e, de xeito especial, a avifauna do esteiro do Anllóns e da Costa da Morte, así como fortalecer e renovar a ornitoloxía coma unha ferramenta didáctica para o coñecemento do medio entre o profesorado. Con este congreso defínese o marco da Costa da Morte coma un novo punto de encontro coa observación de aves, o que pode aproveitarse da man Turismo ornitolóxico, un turismo sempre respetable co medio ambiente. Ademais, todo isto será un dinamizador económico da zona e permitirá que o sector profesional da hostalaría local e comarcal se achegue ao ecoturismo como unha vía para acadar a desestacionalización da chegada de turistas. As actividades non fan senón destacar a natureza coma un elemento diferenciador e de calidade da Costa da Morte na oferta turística, promover o respecto ao medio ambiente entre a poboación en xeral, desenvolver accións de educación medioambiental entre a poboación escolar, dotar de argumentos e ferramentas ao sector turístico para afondar na relación coa natureza, achegar e compartir experiencias sobre a ornitoloxía coma un recurso común, e ante todo, divulgar os principios do Desenvolvemento Sostible. Programa para a fin de semana Venres 25 de abril de 2008 - 10:00-12:00: Obradoiros de Natureza , con monitories especializados;
- 12:00-13:00: Poxección dun vídeo sobre Climántica. Colabora a Consellería Medio Ambiente;
- 10:00-11:00: charla "As aves de Cabana", de José Luís Rabuñal Patiño;
- 09:00-11:30: Programa de radio en directo con Radio Voz Bergantiños.
Todas as actividades desenvolveranse na Escola do CEIP As Revoltas. - Horario tarde: Roteiro pola ribeira do Anllóns.
Sábado 26 de abril de 2008 - 09:00-10:15: Recepción de participantes e entrega de material;
- 10:30-11:00: Acto Inaugural coas Autoridades: José Luis Barcia Picos, Delegado Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. José Muíño Domíguez, alcalde de Cabana de Bergantiños;
- 11:00-12:00: Charla "Aves Mariñas", con Andrés Bermejo, SGO.
- Pausa café;
- 12:30-13:20: Charla "Ornitoloxía en Parques Naturais", con Jorge Garzón Guitiérrez;
- 13:30-14:20: Charla "O medio natural, aula viva", con Carmen López Marcos. CEIDA;
- 17:00-18:00: Charla "Potencialidades da Costa da Morte", con Cristovo Ramírez;
- 18:10-20:00: OBRADOIRO: Boceto de Caderno de Campo, con Carlos Silvar.
As actividades levaranse a cabo no Centro Social Neaño Salón de Actos. Domingo 27 de abril de 2008 - 10:00-10:50: Charla "Experiencia Sierra de Gredos", con Pepe Guisado;
- 11:00-11:50: Charla "Imaxe e natureza. Dúas paixóns irmáns", con Luis Manuel Iglesias e Miguel López Caeiro;
- Pausa café;
- 12:20-13:00: Charla "Informar sobre natureza", con Javier Rico;
- 13:00-14:00: Charla "Claves da educación ambiental en Climántica", con Francisco Sóñora;
- 14:00-14:15: Proxección Documental de Pedro Tasende;
- 14:15-14:30: Clausura.
As actividades do domingo terán lugar no Auditorio Municipal. De igual xeito, Durante os días 25, 26 e 27 haberá demostracións de observación da natureza con telescopios terrestres das firmas Svarowski e Leica, entre outras, co asesoramento de monitores especializados de Foto Artús. O día 25 cunha xornada de iniciación para escolares. Lugar de privilexio: O Esteiro do Anllóns Atopámonos nun dos lugares máis privilexiados da Europa continental para a observación de aves. Aquí paran especies que realizan rutas migratorias desde Europa, Asia, Africa e mesmo América do Norte. Non só en Cabana contamos con este privilexiado lugar de paso de aves migratorias, senón que tamén paran por outras zonas como a Lagoa de Traba, o Cbo Vilán ou o Cabo Touriñán. Un bonito lugar para disfrutar da vida das aves é o Miradoiro de Aves José Luís Rabuñal Patiño, na praia da Urixeira. Quen lle dá nome é un dos máis importantes ornitólogos do estado español, o cal dedicou á observación e estudo de aves na enseada da Insua. Alí, e cos consellos para observar as aves e as recomendación para recoñecelas que nos dan dende o concello, podemos avistar o paso anos tras ano de garzas reais, garcetas, martiños peixeiros, ánades, cormoráns, lavandeiras reais ou rascóns de auga. Fonte
|