doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os problemas sector lácteo chegan a Mazaricos  Correo-e
miércoles, 23 de abril do 2008

Non imos librar na bisbarra das trifulcas no sector leiteiro. A crise do sector lácteo está en plena efervescencia e as diferencias entre as empresas distribuidoras e os produtores cada día son maiores. Os últimos percarces tiveron lugar na fábrica que Leite Río ten no polígono o Ceao de Lugo. Pero por aquí tamén hai movemento e un camión de Mazaricos foi baleirado o pasado martes 22 de abril de 2008.

Os feitos ocorridos en Mazaricos ocorrían no mediodía do pasado martes 22 de abril de 2008, cando varios homes valeiraron unha cisterna con 14.000 litros aparcada nunha explanada próxima é estrada Negreira-Muxía. A cisterna pertence a un autónomo que traballa para Leyma, outra das empresas do señor Lence. Segundo informa La Voz de Galicia, o condutor xa recibira amenazas.

Problemas con Leite Río

Os problemas veñen de lonxe, pero os últimos acontecementos no tocante ao prezo do leite en produción. A empresa Leite Río, que recolle o 17% do leite do país, baixou 9 céntimos de euro por litro de leite nos prezos de produción, 2 céntimos máis que o resto de empresas do sector.

Como resposta ás protestas, Jesús Lence, único administrador do Grupo Empresarial (conta con estacións de servizo, empreas loxísticas e mesmo establecimentos hoteleiros), xa anunicio que a partir do 1 de maio, deixará de recoller 100.000 litros diarios de leite en Galicia en Castela e León. De feito, Lence congratulouse das protestas, que lle dan argumentos para para unha recollida que xa tiña argallada, xa que aseguraba que os almacéns están cheos.

Explotacións pechadas

A dificultade para chegar a fin de mes aumenta, i é que segundo o sector produtivo xa non é posible abaratar máis os costes de produción. Todo o contrario, os combustibles seguen subindo e a axudas non melloran. Ante esta situación, moitas explotación veránse abocadas a pechar, porque cada vez é máis difícil chegar a fin de mes. Unha explotación na que traballan 3 persoas e que non queden nin 600 euros libres a final de mes, iso é triste.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com