Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O presidente da Deputación fai un chamamento á unión na bisbarra  Correo-e
miércoles, 23 de abril do 2008

Achegábase o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, a Cee, para visitar o centro ocupacional e residencial da asociación pro Enfermos Mentales (APEM). O presidente tiña un momento para falar coa Radio Neria, onde, sobre todo, queixo facer un chamamento á unión entre concellos.

Primeiramente, Fernández Moreda resaltou o gran traballo da Asociación APEM, unha inciativa de gran interese e con

Fernández Moreda falou, entre outras cousas, da situación do dolmen de Dombate, que estes días está cambiando de boina. Precisamente o presidente anunciará hoxe mesmo, xoves 24 de abril de 2008, a aprobación do proxecto decidido entre o propio presidente e Patrimonio, e as obras comezarán en breve, unha vez que a nova e máis ampla boina xa case está rematada. Logo de 20 anos de problemas, e das diferencias que había entre as dúas administracións públicas, o presidente tomou a decisión de defacerse da xunta da Deputación que levaba o tema, e tomou "persoalmente as riendas" para chegar a un acordo coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. Estaremos atentos ao devir dos feitos.

Pavillón de Cee

Fernández Moreda falou tamén das novas actuacións que vai realizar a Deputación na Costa da Morte para o mes de maio. Falou do devandito pavillón de Cee, para o cal aportará os cartos necesarios cartos xa que un colexio non pode deixar de ter un lugar onde practicar as actividaes deportivas por 150.000 euros, nas propias palabras do presidente. Asegurou que tamén haberá actuacións en outros concellos como Corcubión ou Camariñas, pero todas estas axudas faranse públicas en maio.

Unión

O que máis quixo salientar o presindente é a necesidade de prantexar a bisbarra como un único ente, fóra dos típicos localismos que tanto practicamos por aquí. Puxo o exemplo do Parque do Megalitismo, que artella Patrimonio, da Consellería de Cultura da Xunta, que reflicte perfectamente como as disputas locais o único que provocan é o retraso dos proxectos na bisbarra. Anunciou que é probable o Parque do Megalitismo se constrúa en Vimianzo, malia que Cabana tamén quere acoller a construción.

Patrimonio anunciou que está a iniciar os trámites para adquirir as 14 antas, que xunto con Dombate formarán o devandito Parque Arqueolóxico do Megalitismo. Con todo, os alcaldes da zona teñen asegurado non ter recibido información algunha da consellería.

Moreda, que se confesou un amante da nosa bisbarra, aconsellou que poñamos especial fincapé en coidar a virxinidade da paraxe natural da Costa da Morte, sen dúbida, en non cansamos de repetilo, o maior tesouro que temos.

Pero, por riba de todo, o presidente da Deputación pedíu que nos deixemos de loitas internas entre concellos, que é o mesmo que esta actuación se leva a cabo en A ou en B, reflectindo que o importante é que chegue á Costa, e que todos nos imos ver beneficiados, non só os do concello de turno, como acabamos de comprobar coas palabras de Milucho sobre a Reserva Mariña. Así andamos agardando pola ITV ou polo parque, i é que como van aprobar a ubicación destas importantes infraestruturas se nin se quera nós nos poñemos dacordo.

Fonte

  • Magazine "Matinal da Costa" da Radio Neria, baixo a dirección de Juanma Buiturón.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com