|
Camariñas presenta o gasto do concello en soldos |
Correo-e
|
|
viernes, 25 de abril do 2008 |
|
Presentaba o concello de Camariñas o seu presuposto, e con el facía públicos o gasto en soldos que realizará o concello para este curso 2008. Serán 4 as adicacións, 3 de xeito completo e unha parcialmente. O alcalde percibirá como soldo bruto de nada menos que 2.918,99 €. As outras dúas adicacións exclusivas recaen en Sandra Insua e Sergio Caamaño, que percibirán como soldo bruto, 1.709 cada un deles. Carmen Linares Chica, con dedicación parcial, percibirá 751 € o mes. Con estes datos, o concello empregaría case que 100.000 euros nos soldos das 4 adicacións. Deste xeito pasa dos 73.123 euros que gastaba o ano pasado aos 99.231,86, un 25% máis. Isto supón un gasto por habitante de 15,26 euros, moi pouco por riba da media da bisbarra. Carnota segue sendo o que máis gasta, con 123.000 euros, o que supón uns 23 euros por habitante. A estas cifras haille que engadir os soldos as cantidades recibidas por asistencia a cada pleno (60 € ), por asistencia ás xuntas locais (150 €) e 100 € polas comisións informativas. Novas relacionadas Fonte
|