|
Finalmente xa temos proxecto para o dolmen de Dombate. O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, anunciaba onte o proxecto elixido entre Patrimonio e o propio presidente, logo de librarse dos membros da antigua comisión técnica que controlaba o proxecto na Deputación. Pois temos proxecto, e galego, non catalán como o anterior proxecto. O arquitecto coruñés Francisco Vidal Pérez foi o elixido para redactar o proxecto de recuperación do monumento megalítico do concello de Cabana de Bergantiños, pola comisión que presidía Moreda, pero que non contaba con voto. Houbo unanimidade entre os membros do servizo de Arquitectura da Deputación, Fernándo Cebrián del Moral e José Yáñez Rodríguez, e os responsables da Consellería de Cultura da Xunta, o subdirector general de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Federico Garrido Villa, e o xefe de Arqueología da dirección xeral de Patrimonio, Eugenio Rodríguez Fuentes. A orixinalidade en canto á solución construtiva, pureza de diseño, reversibilidade, minimización volumétrica respecto ao seu entorno e máximo respeto tamén ao propio conxunto tumular, reducindo ao mínimo os elementos expositivos no propio monumento, trasladándolos ao centro de recepción. Esas foron as claves para que a comisión decidira con unanimidade. Proxecto Na idea, xa que o arquitecto conta con 2 meses para ter a o proxecto finalizado, contará con 2 edificios. Un cubrirá o dolmen, e o segundo acollerá o centro de recepción e interpretación. Así e todo, mantense a idea da vitrina que cobriría o mesmo dolmen. Veremos que tal queda. San Guillermo Entrementres, Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura, xa anda escavando o conxunto arqueolóxico da zona da capela de San Guillermo, no monte do Cabo Fisterra. Nos vindeiros 6 meses, o equipo de arquitectos contan con 60.000 euros para acondicionar os arredores, co mentes en acometer a escavación definitiva no ano que vén. Xa se atoparon varios tesouros como tezas, cerámica ou moedas. Novas relacionadas Fonte
|