|
O día da marmota e unha festa ou costume tradicional nos Estados Unidos. A mais famosa ten lugar na vila de Punxsutawney (leriase Pansatoni) no estado de Pennsylvania. Tratase dunha pequena vila na que cada dous de Febreiro proban a predicir a duración do inverno polo comportamento dunha marmota, coñecida popularmente coma Phill e inmortalizada pola estupenda película de Bill Murray “Atrapado en el Tiempo”. Neste filme o protagonista repite incesantemente o mesmo día da súa vida, o día da Marmota, e faga o que faga volve o comezo do día. Esta parrafeada ven o caso do tema do día, da semana e probablemente do verán. O faro de Fisterra era testemuña este pasado martes dun encontro mais que nefasto innecesario; o conato numero un millón de formación do Consorcio do Turismo da Costa da Morte. Deixando a marxe o feito de que Coristanco non é Costa da Morte, por moito que algún se empeñe, e poñendo en claro tamén que Carballo tampouco o é, o encontro ten algo de gracioso, pouco si, pero algo ten. En primeiro lugar Cee e Vimianzo decidiron non acudir por discrepancias coa cousa. Dumbría tampouco estivo, aínda que a certo xornal lle esquecese nomear a este concello. Así que Fisterra,Corcubión, Carnota, Ponteceso e o mentado Coristanco falaron de Cartos coa Xunta. Porque a cousa se resumiu en falar de pasta gansa, e quen corre coas copas vamos. O lamentable pasa por pensar que antes deste penúltimo, me temo, proxecto de proxección turística viñeron outros. Antes de Apetecemes viñeron Nerias, antes plan de dinamización, que non sei o que será del, antes rotas de muíños sen muíños e de dolmens soterrados entre silveiras ou baixo carpa (dolmens indoor que dirían os modernos), antes incluso centos de milleiros de prazas de aparcamento para iates, antes peiraos para trasatlanticos, antes, antes... Lastima que cada día, a mesma hora, volta a soar o espertador e de novo esa canción (I Got You Babe" de Sonny Bono e Cher) martelando os oídos e de novo érgueste, e de novo as mesmas caras, os mesmos plans, proxectos, plans directores, estratéxicos, estudios, comisións, patronatos... A mesma leria, con nomes novos e as mesmas ideas, con partidos políticos diferentes e os mesmos cargos. Sempre igual, día tras día e ano tras ano. E a fin o principal reclamo turístico da Costa da Morte seguen sendo un petroleiro ciscando cru, e unha serie de lugares inundados por varias riadas a causa de choivas e montes queimados. Unha maldade para rematar. Un bo amigo me dicía esta maña despois de ler a nova da reunión do patronato que “ pois a min se me ocorren moitas outras maneiras mais baratas de acabar con Neria”. Pois iso. Columnas anteriores Máis información
|