doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A organización prevé un centenar de persoas no II Congreso de Ornitoloxía da Costa da Morte  Correo-e
sábado, 26 de abril do 2008

Hoxe, sábado 26 de abril de 2008, dá comezo en Cabana de Bergantiños a segunda edición do Congreso de Ornitoloxía da Costa da Morte. Esta iniciativa promovida polo concello cabanés e patrocinada pola Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo, ten como fío conductor o aproveitamento dos recursos naturais coma elementos dinamizadores do turismo, sempre dende a óptica da sostenibilidade e o compromiso ecolóxico. Tamén se difundirán os valores didácticos da observación da natureza así coma a aportación de coñecemento por parte de diversos estudiosos e especialistas na observación de paxaros.

Deste xeito o congreso contará coa presenza de Jorge Garzón Guitiérrez, experto en turismo ornitolóxico da ONG SEO Birdlife, e responsable do turismo de aves no Parque Nacional de Doñana. Tamén conataremos coa presenza de Andrés Bermejo, membro da Sociedade Galega de Ornitoloxía, que ofrecerá os primeiros datos de Galicia da investigación que o grupo de Aves Mariñas de SEO está a desenvolver en España. Pepe Guisado, un experimentado ornitólogo, ocuparase de falar da súa experiencia como hostaleiro especializado en paxaros. É o propietario do hotel “El mirador de la Vera”, en Sierra de Gredos, un centro hostaleiro adicado en exclusiva aos ornitólogos e que está catalogado coma o máis grande de España.

Novas relacionadasImage

Fonte

  • Nota de prensa de Pedro Tasende, do comité organizador do evento.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com