Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os debuxos de Sechu (VII): A Mantis Religiosa de Méndez Ferrín  Correo-e
sábado, 26 de abril do 2008

Seguimos amosando eses debuxos dun dos nosos artistas e activistas favoritos no país, o polivalente Sechu Sende, natural de Padrón, pero que a súa universalidade galega fai que estea de actualidade en cada punto do país. Sempre activo coa súa bitácora MadeinGaliza, (da blogoteca galega, non do blogspot), e estes anda a voltas cos problemas máis actuais do país. Sechu, ademais, gusta dos vídeos do noso Paco, e sempre que hai un novo, coma este do lobo, colócao na súa bitácora.

Estes días anda co mes do libro a voltas e dende o tigre de Blake ata o senhor Nelson están aprendendo a ler. Pero nós quedamonso coa nosa amiga mantis relixiosa, que non para de ler os combativos poemas dun dos nosos favoritos, X. L. Méndez Ferrín. Un Méndez Ferrín, que ademais de seguir na loita, lembramos a súa participación directa no movemento de Nunca Máis, non perde actualidade e mesmo nesta nova ristra de poemas cantados polos nosos mellores artistas. Non hai máis que ver aos Dios ke te Crew ou a Leo i arremecághona!!! con Celso Emilio Ferreiro. Así, os Fusquenlla, aló polos 90 facían un Reclamo á liberdade pro meu pobo do marabilloso e loitador poemario Con pólvora e magnolias en ritmos drum´n´bass.

Image 

Mantis Religiosa, X.L. Méndez Ferrín.

Debuxos anteriores

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com