|
Sempre se creío máis listo ca o mundo, pero o mundo sabía que non era tal, e apesar de todo, el paseabase por baixo das nubes pensando sempre que estaba por riba. Desde moi pequeno, douselle por decir a quen non o coñecía, que gracias a el, o mundo era redondo, xa que debido os seus paseos sempre na misma dirección, o mundo aguantabase no sitio. El era un solitario, e en verdá, nunca ninguén pudo entender, como andando sempre só, podía facer o guiso e planchar a roupa, sin que tan siquera asomara nas suas camisas, unha enruga ou un lamparón. E por riba, ainda que camiñaba todo o dia e parte da noite, a sua oronda barriga non decrecía nunca. Certo é, que tampouco crecía, e por esto mismo, nunca nadie soupo que tipo de pacto tiña tanto cos de enriba, como cos de embaixo. A todos decía que él, nunca nestas cousas pensara, e non creía que as cousas, os seres, e as ideas, tuveran dereito e revés, enriba e enbaixo, si ou non. Todo no mundo se circuscribía a él. Era ademais, un ser casi que sempre alegre e fachendoso, e ainda que non o viras sempre o sentias, por que a sua risa todo o enchía. Enchía os bosques que casi tocan no mar, e nin o ruido mais grave das tempestades e das olas embestindo contra a costa, podían ocultar a sua estruendosa e forte risa. Enchía as noites hasta casi asustar aos mais cativos, que dandose conta de quen era, volvían a rendirse nos brazos de Morfeo. Enchía as fontes ca sua presencia, e tamén as novenas dos Dolores. Enchía, preguntando o precio das cereixas, o mercadillo dos venres; e cando o precio das cereixas lle decían, iba el, e compraba ovos de galiña co pescozo pelado. Sólo estes ovos quería, e tanto Lupa do Pano, coma Inocencia do Arume, non criaban outras galiñas que non foran do pescozo pelado, e esto era, por que el, pagaba moi, pero que moi ben. Nunca se lle coñecio moza, nin mozo, nin tampouco pai, nin nai. Nin tan siquera se lle coñecío can, e por eso precisamente, as xentes, cando él non estaba presente, mofabanse coma se de un paiaso se tratase. Porque saberedes, que aquí, non ter can, e a cousa mais rara que lle pode suceder a unha persona. Sólo aos gatos lles é vetada a tenencia de cans en propiedade. De feito aquí, tanto ovellas, coma vacas, coma personas, teñen todas un can bo, ou un bo can. El nón. E quizas que foi por esto, e non por outra cousa, que unha noite, fartos todos de que sempre lles recordara o simples e vulgares que eran por ser iguales, decidiron acabar con quen esto lles recordaba. Sólo ca sua presencia, xa a xente se daba conta de que mentras el vivira, a existentencia de todolos demais, de todolos que andaban por baixo das nubes, sería unha existencia vacia; con can, pero vacía. Decidiron afogalo, porque é o metodo mais barato que aquí hai. Hasta pra esto as xentes son ruíns. Hasta o último momento as xentes malas e ruíns, vilipendian e ningunean, a quen se pode sentir mais listo ca eles...ainda que non o sea. Columnas anteriores
|