Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Museo do Mar colleita imaxes en Lira  Correo-e
domingo, 27 de abril do 2008

Continúa a marcha imparable do proxecto "A memoria do mar". Trátase dunha colleita de imaxes do patrimonio histórico galego máis vencellado ao mar, que formarán parte do Museo do Mar de Vigo. O obxectivo principal é catalogar, recuperar e pór en valor o patrimonio fotográfico mariñeiro. Deste xeito, e coa colaboración da Federacion Galega de Confrarías, os técnicos do Museo do Mar andan a recorrer 25 portos de Galicia, dixitalizando fotografías dos pósitos e dos particulares que voluntariamente decidan colaborar.

Así, os técnicos do Museo do Mar, estarán en Lira os días 28, 29 e 30 de abril en horario de 10:30 a 14:00 horas e 16 a 19:00 horas no local da Confraría. Polo que se tes unhas fotiños na casa, aquelas fotiños do abuelo José montado no barco cando tiña 17 anos, pasade pola confraría, para poder compartilas co resto do país. Ademais, poderás conservar a túa foto en formato dixital, e deste xeito sobrevivirá aos devires das caixas vellas polos trasteiros nas limpezas xerais de cada casa.

Entre os 25 portos que percorrerán os técnicos, que están chamados a ser os máis míticos do país, atopamos outros da bisbarra. Fisterra, Laxe e Malpica de Bergantiños tamén serán visitadas nas vindeiras semanas.

Image 

Proxecto “Memoria do Mar”

Os fondos fotográficos familiares como fontes de documentación visual, deben ser referentes nunha estratexia de recollida e salvagarda do patrimonio do mar en Galiza. O proxecto céntrase na información que as fotografías poden aportar para afondarmos no coñecemento da Cultura marítima galega. Interésanos, mais que o valor da fotografía como obxecto, o valor iconográfico das mesmas, o valor dos seus contidos.

Pola outra banda, cada fotografía leva aparellada unha memoria oral, unha historia de vida que pode aportar vivencias, interpretacións dunha realidade que xustifican feitos obxectivos recollidos en traballos máis científicos. Esta memoria oral en casos se poderá ver complementada con material, bens mobles ou documentación que contribúen de xeito importante, e as veces imprescindible, a comprender o carácter etnográfico recollido na fotografía.

Por iso, non se contempla a adquisición das fotografías senón que consideramos a súa reprodución, por métodos dixitais, e a creación dunha base de dados que permita un acceso rápido e eficaz ás mesmas. De xeito simultáneo, contémplase un traballo de recollida de información que posibilite a posterior análise do contexto da produción fotográfica.

Museo do Mar da Costa da Morte

Por Laxe tamén andan a voltas co seu Museo. Cando menos, xa hai unha posible distribucións das salas do Museo:

  • Pranta baixa: Sección 0:
    - "O Mar nos ollos da Xente". Biografía e semblanza dos personaxes laxenses.
  • Pranta 1ª. Sección 1ª:
    - "Do Mar a Terra". Visión da Costa dende o Mar.
    - Sobre a pedra dura. Xeomorfoloxía.
    - A liña de Costa.
    - Toponimía local e lendas.
    - A liña interior: De Traba a Coens: a mina
    - O laboratorio xeolóxico.
  • Pranta 2ª. Sección 2ª:
    - "Da terra o mar". Relación histórica Laxe e o mar.
    - Pesca da balea, Salazón, Piratas
    - Comercio a través do porto de Laxe.
    - Terra e mar: simbiose perfecta.
    - Actividades pesqueiras.
    - Actividades relacionadas coa pesca: as redeiras.
    - O mar, medio de lecer e espazo productivo.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com