Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A oposición de Malpica pediu a dimisión do alcalde no Pleno Extraordinario pola auga  Correo-e
lunes, 28 de abril do 2008

Como sempre, o Pleno da Corporación de Malpica resultou polémico. Iso o ordinario, porque no extraordinario, dedicado a analizar os problemas no subministro de auga da última fin de semana de marzo, foise un pasiño máis alá. Dous grupos da oposición, BNG e PP, pediron expresamente a dimisión de José Ramón Varela, o alcalde. AVE non foi tan contundente nas súas palabras exactas, pero tamén solicitou que se depurasen responsabilidades. A xuntanza concluíu ás doce da noite con moitas cuestións no aire e ambiente tenso. O maior reproche que se lanzou ao rexedora firmaba que a decisión de cortar o subministro se tomou tarde, posto que había informes previos que sinalaba no perigo de consumir esa auga. “Se fora veleno, morriamos todos”, foi unha frase que se escoitou varias veces durante o Pleno.Image

Rogelio Pereira, concelleiro de Medio Ambiente e, polo tanto, responsable do servizo de augas, abriu o Pleno Extraordinario facendo unha exposición dos feitos ocorridos entre o 28 de marzo e o 1 de abril e os seus precedentes. Primeiro pediu desculpas “por se se cometeu algún fallo. Apuntou que o 13 de marzo se detectaron problemas de exceso de trihalometanos na auga. “Pensando que sería un caso puntual, comezamos os traballos de limpeza considerando que non era necesario o corte no subministro”, sinalou, dando as datas deses labores. Tamén dixo que o día 18 elaborouse unha contraanálise e despois se seguiron os pasos indicados pola administración “ata que o día 27 a Consellería mandou cortar o subministro”.

O portavoz do PP, Luis Céan, foi o primeiro en responder. “O grupo de Goberno estalle dando a volta á tortilla. Parece que case hai que darlle as grazas por resolver o problema e poñerlles un monumento. Nós pensamos que houbo un caso de neglixencia total que nos leva a pedirlles non a dimisión do concelleiro, senón a do alcalde, xa que pensamos que é o único responsable”, indicou o voceiro popular. Ceán pasou a relatar logo os puntos nos que se baseaba para acusar de neglixente ao rexedor. Lembrou que en anteriores plenos se apuntara que había gretas no depósito de Milladoiro e explicou, segundo o seu punto de vista, o sucedido o 28 de marzo: “Convocóusenos aos portavoces a unha reunión porque había ‘un problema moi grave coa auga’. Nesa reunión o alcalde non tiña documentación ningunha, só sabía que a auga traía trihalometanos e non coñecía o que eran. Quixo involucrarnos a todos no problema, cando tiña un escrito da delegada provincial do día 27 que lle comunicaba que estaba incumprindo a norma dos trihalometanos dende o 13”. Ceán engadiu que ao Goberno se lle mandara cortar a auga. “O que estabades facendo era limpar os depósitos para ver se baixaban, a ver se os bichiños marchaban por arte de maxia”, díxolle a Varela.

Despois, Ceán e Varela pasaron a unha discusión sobre o ocorrido nos días do conflito. O portavoz popular acusou ao mandatario local de seguir dando auga os veciños cando esta portaba elementos canceríxenos. Tamén apuntou a unha carta de xuño de 2007 na que se advertía de que a Estación de Servicio da Camposa estaba facendo obras de recollida de augas e lodos sen licitación á marxe dunha canle de auga, o que tamén podería ter influído na calidade do subministro. “Foi avisado de que Malpica tiña un problema de auga e tentou calar o tema. Logo a pólvora estaloulle nas mans. E despois trouxo ao conselleiro de Medio Ambiente para facer o ‘paripé’ cando puxo en perigo a vida dos veciños de Malpica”, concluíu Luis Ceán.

Roberto García, responsable local dos nacionalistas, afirmou que se debería “partir da base de se o que sucedeu foi grave ou non”. “Creo que, ao ser convocado un Pleno Extraordinario, debe de ser grave. I é grave, sexamos serios. O día 28 ninguén sabía que era aquelo. Esa decisión tan importante non debeu tomala o 28, senón o 13. Cometeu despois varios erros, entre eles, convocar á oposición. Eu sentíame ridículo na reunión porque é o goberno quen ten que tomar medidas. E non se pode solucionar un tema grave cunha medida de emerxencia”, argumentou o portavoz frontista. García tamén acusou ao alcalde de “tentar involucrar á oposición nos momentos difíciles” e lamentou que o Goberno local non dixera nada “nin o 13, nin o 18, nin o 26. “Atrévome a pedir a dimisión do alcalde e do concelleiro porque se falou moito deste tema e dixéronse moitas mentiras. Demostrouse incompetencia”, finalizou Roberto García.

O voceiro do AVE, José Manuel Vila, declarou na súa intervención que “a calquera concello pódeselle contaminar a auga por un accidente. Unha cuestión distinta é como se reacciona ante o problema”. “Chamóusenos á reunión e púxose o tema sobre a mesa. Se había que cortala, había que cortala. Débense valorar estas cousas, porque se fose arsénico, teríamos morto todos”, engadiu. Logo, o portavoz deste grupo independente volveu falar dos análises e as comunicacións das administracións relacionadas co incumprimento das normas de salubridade da auga. Tamén preguntou dende cando estaba sen funcionar a depuradora de Buño, o que deu lugar a un debate dentro do propio debate no que participaron todos os grupos.

Alfredo Cañizo, de AIM, tentou restar importancia aos sucesos, sen minusvalorar a súa gravidade: “Na reunión había un biólogo que nos explicou o que eran os trihalometanos e tampouco iamos morrer por bebelos. Os trhialometanos non se analizaban ata o 2004. Estamos alarmando co tema do cancro, cando os análises nese sentido non son concluíntes. Tomouse a decisión de cortar a auga, que me parece acertada, e o que se fixo nos días seguintes tamén”.

Estas declaracións conlevaron outra resposta por parte de Luis Ceán: “Xa sabíamos que o día 28 veu aquí o Equipo A, pero se fose polo que pasou entre o 18 e o 28, estabamos todos mortos”. Roberto García aproveitou para preguntar sobre o protocolo de augas que se realiza no concello antes de que interviñese o alcalde. Este afirmo que quería “ser sincero ante todo” e admitiu que non se podía “ocultar que os trihalometanos eran contaminación”, aínda que, sinalou, “foi un problema puntual”. “Antes do 28 non me dixo ninguén que a auga estaba contaminada, só que había problemas con ela. Previamente a que nolo dixera a Consellería, xa tomamos a decisión de limpar as fontes. Eu tiven coñecemento da gravidade do tema o día 28 ás 12:50. É verdade que a Consellería mandou un fax mandando suspender o subministro o día 27, pero nós non o recibimos ata o día seguinte porque os electricistas estaban traballando alí. Os análises previos non nos dixeran que cortáramos o subministro. Alomenos, non mo comunicaron. Convoquei unha reunión urxente cos portavoces municipais porque quería que fosen os primeiros en ter información para trasladala tranquilamente á sociedade, sen alarmismo. Os trihalometanos poden causar cancro se se toman en moita cantidade e durante un longo período de tempo. Iso o obviaron vostedes. Dende logo que podemos facer as cousas mellor, pero non temos nada que ocultar”, concluíu o alcalde antes de agradecer á Consellería de Medio Ambiente, aos alcaldes da zona e as empresas Espina y Delfín e Aquagest pola axuda nos días da crise.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com