|
Fisterra libre de franquismo |
Correo-e
|
|
lunes, 28 de abril do 2008 |
|
Unha nova vila anímase a afrontar a memoria histórica. O alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, aceptou as propostas da oposición, por parte do voceiro do PSOE, Juan Boullosa, de retirar calquera elemento de simboloxía franquista que queda polo concello. Deste xeito, todos as as referencias á Guerra Civil e a época da dictadura serán eliminadas, como asegurou o propio alcalde, quen toma a decisión para non polemizar máis sobre o asunto. Comeza a limpeza daquela pola bisbarra, adiantándose ao que tanto costa polas cidades do país. Na Coruña, unha morea de colectivos levan anos pedindo que se remate cos Millan Astrai, General Mola e outros centos de estatuas e rúas que aínda levan o nome daqueles asasinos. Como o propio Hospital Juan Canalejo, que Sanidade non se atreve a renomear nin coa nova Lei da Memoria Histórica. Lean o que opina Manuel Rivas sobre o asunto, que é ben definitorio. Fonte
|