Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Novo espigón para o porto de Malpica  Correo-e
martes, 29 de abril do 2008

ImageA Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través do ente público Portos de Galicia, anuncia no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras mellora do abrigo no porto de Malpica. O orzamento base de licitación é de 2.641.768,87 euros e o prazo de execución de 18 meses. Esta actuación ampliará a zona de refuxio conseguindo unha dársena máis segura e sen axitación de xeito que se garanta no posible a súa actividade.

As obras que se van a acometer mellorarán o abrigo mediante un espigón-martelo que evite a propagación da ondaxe que sobrepasa o morro os días de temporal e minimice no posible a axitación das augas da zona de refuxio. Tamén se contempla a reposición de bloques e o arranxo dos desperfectos que como consecuencia dos últimos temporais se produciron na defensa exterior.

O espigón que se proxecta terá unha lonxitude de 50 metros e, como defensa exterior, levará un espaldón e bloques de formigón de 55 toneladas. Ademais crearase un peirao de atraque polo seu costado interior con calado de catro metros. Así mesmo, construirase unha escaleira de granito cun ancho de metro e medio no comezo do peirao de atraque e unha escaleira de formigón ao inicio do acceso ao espaldón. Tamén se instalarán os elementos complementarios necesarios como iluminación, escaleira metálica de gato na vertical do peirao, defensas verticais no peirao de atraque, canalizacións de auga e enerxía, boiardos e bitas de amarre.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com