Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Quilmas mobilízase ante a falta e información polos vertidos da piscifactoría  Correo-e
viernes, 02 de mayo do 2008

Image

O pasado mércores 30 de abril de 2008, os afectados pola piscifactoría de Quilmas, Merexo e Camelle, apoiados por varios membros da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), realizaron unha mobilización sorpresa co gallo de protestar ante a falta de información dos vertidos da granxa. Uns 120 veciños xuntáronse fronte a granxa, enriba do desastroso desaugue de formigón construido no medio da praia de Corna Becerra. Hai exactamente 2 meses dende aquel 3 de marzo no que a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas denunciara ante o Seprona á empresa norueguesa Stolt Sea Farm por vertidos incontrolados de materia orgánica. Así e todo, os veciños afectados non recibiron a información que están obrigados a proveer en base á Lei 27/2006 de Información Ambiental que permite acceder á documentación ambiental que obre en poder da administración.

Os membros das Plataformas en contra do Plan Acuícola aseguran que seguirán realizando mobilizacións espontáneas e sorpresivas na inmediacións das piscifactorías, co gallo de avisar de que os veciños están atentos aos continuos vertidos ilegais que se levan a cabo.   

O asunto non quedou aí, e ao remate da mobilización, dous membros da Garda Civil acodiron, avisados polos traballadores da piscifactoría, ao local da Plataforma de Quilmas, para preguntar polos motivos e a cantidade de persoas involucradas na xuntanza. 

Carta ao Valedor do PoboImage

Por estes motivos ADEGA enviou con data de 30 de Abril de 2008 unha queixa ao Valedor do Pobo para que vele polo respecto aos dereitos fundamentais dos cidadáns entre o que se atopa o dereito á información.

EXPÓN:

Que por medio do presente escrito, formulamos a seguinte queixa.

Ao abeiro da Lei 27/2006 sobre o Dereito de Acceso á Información en materia de Medio Ambiente foi presentada unha denuncia ambiental ante o SEPRONA e ao organismo autónomo Augas de Galiza con data 3 de Marzo de 2008 con motivo dun vertido de materia orgánica procedente da piscifactoría de Stolt Sea Farms en Quilmas (Concello de Carnota).

Que non temos contestación por parte do organismo autónomo Augas de Galiza nin os resultados das análises efectuadas nese vertido, que foron solicitadas tanto a Augas de Galiza como ao Seprona. O Seprona contestou que non teñen obriga de enviarnos esta información e máis Augas de Galiza non respondeu pasados máis de 30 días de presentada a Solicitude de Información Ambiental.

SOLICITA:

Que o organismo autónomo Augas de Galiza responda á denuncia asinada por Martiño-Fiz López Lindoso, no seu nome e en representación de ADEGA en base ao Artigo 3, punto 2, apartado d, da Lei 27/2006 de dereito á información ambiental.

Novas relacionadas

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com