Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Fai un curso de Audiovisual en Camariñas  Correo-e
viernes, 02 de mayo do 2008

O concello de Camariñas está a organizar un curso de produción audiovisual para o mes de maio. Canta xente hai que ten gañas de aprender os segredos do audiovisual, e que mellor xeito que facelo dene casa. De seguro que se agotan as prazas antes da data límite de solicitude, hoxe venres 2 de maio, se ben a selección levarase a cabo por orde de inscrición..

O curso constará de 4 módulos, guión; cámara, iluminación e son; edición, e produción, e como colofón os alumnos realizarán un documental sobre a situación laboral das mulleres, coa colaboración da área de Igualdade do concello.

Primeiros Pasos InformáticosImage

O Concello de Camariñas, Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración co dinamizador da Sociedade da Información Óscar Clapés, abre a inscrición para un obradoiro gratuíto de primeiros pasos informáticos para maiores de 60 anos de 16 horas de duración. Este obradoiro se desenvolverá no Centro de Iniciativas Empresariais (Ao carón do Centro de Saúde de Camariñas) desde o día 5 até o día 16 de abril co seguinte horario : Luns, martes, xoves e venres de 19:00 a 21:00.

Con esta actividade preténdese motivar á xente maior de 60 anos no uso da informática e máis concretamente da Internet, tentando que descubran un mundo virtual cheo de oportunidades de comunicación, de información e, sobre todo un mundo no que eles sexan protagonistas.

As inscricións realizaranse no Centro de Iniciativas Empresariais no seguinte horario:

  • Mañá: Luns, mércores e venres de 11:00 a 15:00;
  • Tarde: De luns a venres de 18:00 a 21:00.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com