|
Este venres 2 de maio a nova asociación HOT Club de LAXE, Asociación Cultural vai organizar a súa segunda festa no Escaravello, na vila de Laxe a partir das 22 horas, na que haberá música en directo co grupo "PEIXESPADAS jazz band", sorteos, e pinchos con sabor ó mellor jazz. Preséntarase o cartel do próximo "AtalaJAZZ Festival" e poráse á venda o novo merchandising da Asociación. O HOT Club de LAXE, Asociación Cultural, segue medrando en socios e en ánimo, por iso celebra a súa segunda festa, con máis música en directo a cargo dos integrantes da asociación, degustación gastronómica con sabor a JAZZ (tortijazz recheas, jazzfilloas, etc), sorteos do Kit de supervivencia do HOT Club de LAXE, Asociación Cultural e máis sorpresas. Outros momentos importantes da noite serán a entrega de carnets ós primeiros socios e os socios de honra e a presentación do cartel do AtalaJAZZ Festival, e das organizacións que van colaborar para a súa realización. Hot Club de laxe O HOT Club de LAXE, Asociación Cultural, é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada en outubro do 2007 despois da xuntanza de diferentes iniciativas e inquietudes dun grupo de veciños e veciñas do Concello de Laxe, que no verán dese mesmo ano, propuxéralle ó Departamento de Cultura deste Concello a realización dun festival de música Jazz. O HOT Club de LAXE, Asociación Cultural defínese como unha asociación de entusiastas do Jazz, que intentan promover actividades (jam sesions, concertos, exposicións…) para ensalzar a música jazz. Somos un grupo de persoas que no noso tempo de lecer decidimos traballar en prol da dinamización da vida cultural do noso Concello, conscientes de que imos ser parte activa do enriquecimento social que a cultura trae consigo, e en particular, a música. O noso obxectivo ó longo prazo é seguir o camiño marcado polos devanceiros Hot Clubs Europeos: conseguir socios entre a xuventude do noso entorno para a que non existen demasiadas alternativas de lecer; ofertando locais para o seu esparcimento, organizando escoitas de Jazz, con empréstimos de libros, ciclos de cine … coas mellores intencións. Música e natureza A nosa pretensión é organizar actuacións e festivais, dándolle continuidade ó xerme que supuxo o verán pasado o exitoso ATALAjazz Festival: Escoitar música nos nosos paraxes naturais onde o respecto entre o público, os músicos e o seu entorno vai ser a nosa premisa fundamental. O noso obxectivo a longo prazo é impulsar actividades paralelas ó AtalaJAZZ Festival, mostra de Jazz de Laxe, e pioneira non só en toda a Costa da Morte, senon tamén dentro do panorama dos pequenos municipios galegos. Tamén pretende cooperar con outras entidades que organizan Festivales de Jazz e colaborar en todos os acontecimentos que sexan necesarios para extender as actividades jazzísticas pola provincia de A Coruña. Unha das nosas metas máis ambiciosas é poder chegar á realización de cursillos, seminarios o master classes, con importantes figuras do jazz. Especialmente, o HOT Club de LAXE, Asociación Cultural pretende atopar fórmulas de consolidación do AtalaJAZZ Festival e desenvolver contidos fora das programación oficial do mesmo, para así poder disfrutar deste xénero todo o ano. Fonte - Nota de prensa da Concellería de Cultura. Técnico de Animación Sociocultural do concello de Laxe.
|