Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Ignorantes Consentidos  Correo-e
viernes, 02 de mayo do 2008

Por algunha razón que descoñezo na Costa da Morte ser ignorante ten premio. Por exemplo, cando unha autoridade di frases do tipo da que escoitei esta semana sobre a simboloxía franquista existen persoas que, na vez de reprendelo apláudeno. Porque ser ignorante aquí é un valor, non unha tara.

Existen persoas na bisbarra, e por suposto fóra de aquí que non consideran necesario que se eliminen das nosas rúas, das de todos, sinais e elementos que lembran unha das mais escuras e bochornosas etapas da nosa historia recente. Existen incluso persoas que exisen que si se retira esa simboloxía se faga tamén o mesmo coa da República, esquecendo varias cousas importantes. Primeira;

Quen gañou a guerra foi a dereita, os fachas para entendernos, e ó longo de case 40 longos anos se dedicaron minuciosamente a retirar eses símbolos e por certo tamén a retirar a moitas das persoas que significaban eses símbolos en “paseos”, fusilamentos ou campos de concentración. E dicir a purga deses símbolos esta máis que feita. Os que non están eliminados son os do Franquismos e para eses se aprobou, co voto en contra do PP por certo, a lei da Memoria Histórica. Segundo;

Existen na nosa bisbarra nomes variados de personaxes que non tiñan rúa antes do golpe de estado do 36 e que si a tiveron xusto despois, por exemplo, Manuel Lago Pais, mozo de 18 anos morto defendendo o golpe na fronte as ordes de Franco, homenaxeado polos vencedores en Fisterra aló polo ano 39. Eses vencedores nomearon unha rúa a este militar fascista que perdura dende entón. E si alguén non sabe quen era pois que lea sobre esta persoa e outras moitas cousas “la mar” de interesantes na obra de Luís Lamela “Crónica de una represión en la Costa da Morte” editado por Edicións do Castro. Terceiro;

Dicir nun medio de comunicación que daba igual que existira esta rúa porque “ninguén sabia quen era este señor” e parecido a denominar coma Adolf Hitler unha escola porque seguro que existen persoas que descoñecen quen era este individuo. O que hai que facer non é deixar a cousa como esta, o que se tería que facer, digo eu, e fomentar o mellor que a poboación dun sitio coñeza a súa historia, haber si así somos capaces de non repetila. Non premiar a ignorancia con mais ignorancia. Por ultimo;

Non quero esquecer aquí que a principal avenida de Vimianzo se segue chamando Blanco Rajoy a pesares de máis de 14 anos de goberno socialista ¿que quen era este señor?. Un militante da CEDA afecto o réxime e premiado anos despois da guerra co decanato honorario do colexio de avogados. Nin sequera era da Comarca, era un “cunero” veciño da Coruña que se presentaba a cortes pola comarca porque non tiña praza para acudir pola comarca Coruñesa.

E así unha longa lista de persoas que “se cubriron de gloria” no golpe e nos escuros anos de dictadura e que, a bo seguro, non merecen unha rúa. Por moi ignorantes que desexen ser algúns.

  • José Luis Louzán.

Columnas anteriores

Máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com