Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Colleitando música galega (VII): Zënzar  Correo-e
domingo, 04 de mayo do 2008

Image

Image 

Hoxe marchamos ata Meirama, en Cerceda. Alí nacía xa no ano 1987 unha auténtica banda de rock, Mördor, que posteriormente cambiarían o seu nome ata o que hoxe coñecemos por Zënzar. Comezando con versións como o mítico Jumpin Jack Flash dos Stones. As primeiras actuacións foron polo concello, coma no 1º Festival Rock de Meirama. Logo participaron nun recopilatorio sacado no 93 e que leva por nome "Rock Na Costa Da Morte". De todos aqules grupos, só Zënzar segue e activo.

Así, o primeiro disco foi Mördor en directo, no1990 (aínda co nome Mördor), conoutros 5 títulos antes do "Sigue... e dalle", sacado no 2006, que se pode descargar completo na páxina we do grupo zenzar.info. Aquí vai o viodeclip do tema O Padriño, deste "Sigue... e dalle".

Non queda na música o eido de actuación, e o grupo está involucrado no desenvolvemento do país e da súa comarca. Así o reflicte o feito de que o líder da banda, Bocixa, ande a producir cousas como este interesantísimo documental sobre a instauración da central térmica en Meirama aló polos 70, As Encrobas: A ceo aberto.

Así e todo, é preciso ver ao grupo en directo para coñecer a súa potencia. Xa sabem todos aqueles organizadores de eventos na bisbarra, pasade por zenzar.info e busquen o contacto, e a ver se este verán podemos disfrutar do rockandroll en vivo.

Máis informaciónImage

Grupos anteriores

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com