|
A bitácora da semana (VI): Blog do Gabinete de Normalización Lingüística de Vimianzo |
Correo-e
|
|
domingo, 04 de mayo do 2008 |
|

Xa levamos repasado uns cantos xeitos de manter unha bitácora, i é que estes cadernos onde podemos publicar onde que nós queiramos, teñen moitas variantes. Xa temos visitado bitácoras máis persoais, como a de María Amelia, a nosa abuela blogueira, ou a de Suso Lista, e outras de loita total, como a da plataforma Seiruga Limpa. Hoxe imos ata Vimianzo para ver a loita que manteñen dende o Gabinete de Normalización Lingüística de Vimianzo coa dignificación do galego. Da man de Xosé B. Alborés, a bitácora están ao día do que ocorre no país no tocante a nosa língua, que se a creación dun novo diccionario do Ir Indo, ou que se o señor windows xa está en galego, ata as actividades culturais do concello. Aí estaba aquel interesantísimo bookcrossing no que se liberaran máis dun cento de libros. Estes días o Gabinete aínda anda a voltas coa colleita de tradición oral que están a realizar polos colexios do concello ata o vindeiro 9 de maio. Temos gañas xa de coñecer todos os tesouros descubertos polos pequenos. Novas relacionadas
|