|

A desembocadura do río Castro, que forma a separación natural entre concellos de Cee e Muxía, forma a extradionariamente bonita ría de Lires. Unha enorme praia de mar aberto, e un par de pequenos e agochadiños areais do outro lado da ría, fan desta ría un lugar de privilexio para disfrutar da tranquilidade da mar. A zona está no medio do camiño Fisterra-Muxía, pero garda o encanto do descoñecido. Nas inmediacións, nesta época o monte está impresionante. O amarelo do toxo e da xesta contrarrestas con morado do brexo ou erica, e tamén coa morea de plásticos que campan nos areais, pero a paraxe non ten a culpa disto. Antes de chegar atopamos a lagoa, unha paraxe ideal para ánades reais e outras especies voadoras. Tamén é ideal para ir pescar, xa que a materia orgánica que verte a piscifactoría de troitas, fai que se as gaivotas se agolpen á saída do tubo da granxa, o mellor indicador de que hai moito peixe e, polo tanto, moita materia orgánica que se escapa da piscifactoría. Como chegar Unha das opcións máis directas é do cruce de Lobelos, na estrada AC-552 que vai cara Muxía. Unha vez na Pereiriña, no canto de tirar cara Muxía, tiro cara Pereira, e de alí xa chego a aldea de Lires. Dende alí podo tirar ata ás Cabanas, ou tirar por abaixo e ir parar ao outro lado da ensenada, onde se pode disfrutar dun par de pequenos e paradisiacos, a pesar da merda, areais ben agochadiños. Dende Muxía tamén se pode chegar, partindo dende Touriñán, por exemplo e pasando a praia de Nemiña, que a día de hoxe, estará como unha patena de limpa. Máis información Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Outros vídeos Fonte - Fotografía de Rosaura Romo Hernández.
|