|
O Concello de Fisterra celebrará o vindeiro 18 de maio, a IV Xuntanza de Maiores, á que están convidados todos os pensionistas e fisterráns que superen os 55 anos de idade xunto cos seus cónxuxes. Ao mellor estilo do "fraguismo", charanga, comilona, agasallos... e os maiores encantados. O encontro celebrarase no Pavillón Polideportivo Municipal de Fisterra e o programa desta IV Xuntanza será o seguinte: - 11:00h, Os autobuses percorrerán a zona rural do Concello recollendo aos asistentes.
- 11:50h, Comenzará a festa coa participación da Banda “O Rumbo” de Sardiñeiro.
- 12:00h, Misa cantada na Igrexa Parroquial Santa María das Areas de Fisterra.
- 13:00h, Benvida do Alcalde de Fisterra, José Manuel Traba Fernández, aos participantes no Pavillón Municipal.
- 13:30h, Xantar, convidados polo Concello.
- 15:00h, Sorteo de agasallos e baile.
- 19:00h, Remate da festa.
As persoas que desexen participar, deberán retirar persoalmente ás súas invitacións e confirmar a súa asistencia no Departamento de Cultura do Concello de Fisterra, entre os días 15 de Abril e 10 de Maiol en horario de 09:00 h a 13:00 h. Sendeirismo entre entre Lires e Fisterra Este domingo 11 de maio, este florido e fermoso maio, e logo dunha estresante ponte do día do traballo, dende Fisterra argallan un relaxante recorrido da ribeira mariña con efectos terapéuticos impresionantes. Para isto poden apuntarse no concello nesta actividade codirixida por Ana e Pepa que nos permitirá relaxarnos e disfrutar das marabillas da costa fisterrá. Actividades co gallo das Letras Galegas Varias actividades están programadas por Fisterra para o día das Letras Galegas: Sábado 17 de maio de 2008 - A Biblioteca Municipal, ás 11:00 da mañá, acollerá un obradoiro para todos os nenos e nenas chamado “FAGAMOS UN LIBRO”. Procederase á elaboración dun Libro Xigante con texto e debuxo orixinal dos nenos en homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez.
- No Salón de Sesións do Concello, ás 20:00 horas “ENTREGA DE PREMIOS DO I CERTAME DE RELATO CORTO E POESÍA LETRAS GALEGAS 2008”. E a continuación, presentación de “DÉIXAME A TÚA VOZ” o novo libro da autora fisterrana Branca Vilela.
Luns 19 de maio de 2008 A partir desta data , o Concello xunto coa Fundación Iniciativas 21 poñen en marcha no faro de Fisterra a exposición itinerante “100 ANOS DO HIMNO DE GALICIA” que permanecerá ata o último do mes. Fonte - Nota de prensa do Concello de Fisterra redactada polo alcalde José Manuel Traba Fernández.
|