Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A "operación Opera" desmantela o Clan de Fisterra  Correo-e
martes, 06 de mayo do 2008

ImageA Garda Civil realizaba onte unha importante operación contra o narcotráfico na nosa bisbarra. Na tarde de onte, luns 5 de maio de 2008, a Garda Civil desmantelaba unha rede familiar que distribuía, sobre todo, cocaína e heroína, pola Costa da Morte e por Ferrol. En total foron 6 os detidos, todos veciños de Fisterra, dos que 4 xa pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Corcubión. Os outros 2 foron postos en libertade pero terán que acodir ao xulgado cando o requira o xuíz. Os membros da organización contan idades entre os 35 e os 51 anos.

Na operación, denominada "Operación Ópera", xa foron intervidas 700 doses de heroína, unha ducia de teléfonos móbiles e 3.000 euros en efectivo. A Garda Civil entrou na casa de Fisterra (que vemos na imaxe), onde vivía o xefe do clan de 51 anos, de siglas M.T.T., que supostamente continuaba dirixindo as compras, traslados e ventas de droga do Clan dende o cárcere. O asunto xa vén de lonxe, dende o 2006 que comezaran as dilixencias. As pesquisas relacionan a trama co  patriarca do 'Clan Ferrol', F.S.C., co que supostamente, o fisterrán argallaba a trama dende prisión. 

Nota de prensa da Garda CivilImage

A “Operación Opera” saldouse con seis detidos que formaban una pequena organización familiar. A Guardia Civil desmantela o “Clan de Fisterra” no marco dunha operación contra o narcotráfico.

Axentes da Policía Xudicial da Gardia Civil da Coruña, adscritos aos operativos antidroga e, apoiados por unidades territoriais da zona da Costa da Morte, culminaron esta fin de semana a que se deu en chamar Operación Opera, procedendo á detención de seis personas vinculadas ao denominado policialmente “Clan de Fisterra”. Desde o ano 2006, data na que surxen as primeiras dilixencias previas e indagacións, os responsables da investigación foron facendo acopio de probas e datos conducentes ao desenlace final do servicio.

Esta pequena organización familiar, liderada desde a súa reclusión carcelaria por M.T.T., de 51 años, veciño de Fisterra, a través de contactos mantidos na propia cárcel e no ambiente familiar, aos que ordenaba as compras, traslados e ventas de droga, abastecía á inmensa maioría de toxicómanos da Comarca da Costa da Morte.

Conexiones con Ferrol

Sustancias como a cocaína e a heroína eran distribuidas ao menudeo procedentes do principal suministrador e á contacto en prisión de M.T.T., conocido no argot policial como o patriarca do “Clan Ferrol”, F.S.C. quen se encargaba de facilitar a mercancía aos de Fisterra aproveitando permisos carcelarios de fin de semana.

Este último, F.S.C., xa fora detido xunto coa súa esposa cando realizaban un transporte de heroína desde Ferrol a Fisterra sendo interceptados cando viaxaban nun turismo polo término de Coristanco, o pasado mes de marzo do presente ano, con arredor de 1000 dosis de heroína.

Xa no mes de xaneiro, fora localizado parte doutro envío, supostamente procedente da cidade departamental, en poder doutro dos implicados nesta trama e que como consecuencia delo ingresou por aquelas datas en prisión, J.M.P.C., ao que se lle interviras 70 gramos de cocaína e 10 de heroína. Esta persona suponense que era a encarrexada de poñer no mercado fisterrrán e comarca os envíos procedentes de Ferrol.

Registros en FisterraImage

Durante a xornada deste pasado venres día 2, os responsables da investigación levaron a cabo cinco rexistros domiciliarios na vila fisterrá, nun dos cales foron intervidas arredor de 700 dosis de heroína. Xunto coa droga tamén foron aprehendidos 12 terminais de telefonía móbil e 3.000 euros en efectivo.

Dos seis detidos, todos eles veciños de Fisterra, con idades comprendidas entre os 35 anos e os 51, catro foron postos onte a disposición xudicial na localidade coruñesa de Corcubión, xa que outros dous, pola súa menor implicación nos feitos, foron postos en libertade informados da súa obriga de comparecer ante a autoridade xudicial cando fosen requeridos para elo.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com