|
Andan os veciños e os empresarios de Baio algo descontentos co servizo que presta Correos na localidade baiesa. A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira xa achegou en 8 ocasións as súas queixas entre abril do pasado 2007 e este mes de febreio, cando contactaban por última vez co servizos centrais. A resposta é sempre positiva, pero nunca efectiva: "Temos en conta as súas consideracións e tentaremos solucionar o problema coa maior brevidade posible", un clásico que poderiamos asumir a outras empresas de carácter privado, como a nosa amiga Telefónica, por exemplo. A meirande petición que solicita a Asociación e a creación dunha ofina técnica na vila. Así, disque Correos xa anda na procura dun local na localidade baiesa, supostamente para instaurara dita oficina, e iso xa é unha boa nova. E cómpre que o tomen en consideración, como asegura, coa maior brevidade posible, en tanto que o parque industrial de Zas, de 400.000 metros cadrados (o 2º máis grande dos 9 proxectados na bisbarra) xa aprobado, e que necesitará dos mellores servizos. Problemas para mandar un burofax Pilar Rama, Axente de emprego da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, explicaba as meirandes causas da deficiencia do servizo. O horario de entrega redúcese a 3 hora matutinas, de feito que a partir das 11:30 da mañá xa non se poden entregar máis cartas. Entre as deficiencias nas infraestruturas, Rama asegura que dende Baio non se pode nin enviar un burofax, servicio de envío de documentos por correo que semllante ao telegrama, pero a través do sistema fax (ou facsímil), téndose que trasladar a xente a Carballo para envialo. Rama quixo salientar que en Baio non hai queixa ningunha do persoal de Correos na vila. Todo o contrario, segundo ela, a Asociación está encantada coa amabilidade e traballo do carteiros da zona. Fonte
|