Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Laxe celebra o Mes das Letras Galegas cunha morea de actividades  Correo-e
martes, 06 de mayo do 2008

As actividades que argalla a Concellería de Cultura, Benestar Social e Emprego de Laxe comprenden varias disciplinas do panorama escénico galego, nunha forma de achegar ós nosos veciños e veciñas as producións culturais actuais de Galicia.

Actividades para os escolares

Como cada ano organízanse dende o servizo de Bibliotecas Municipais de Laxe unhas conferencias para achegar ó alumnado os autores homenaxeados cada ano:

  • Xoves 15 11.30 horas, Clodio González Pérez, “Vida e Obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez” para rapaces e rapazas da E.S.O.
  • Luns 26 15.30 horas, Xan Fernádez , “Lendas da Costa da Morte” para rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria, cada participante recibirá como agasallo un libro.

Concerto das Letras

Por outra banda, o luns 12 de maio realizaráse o Concerto das Letras, a cargo do Grupo de Metais Santa Cecilia, que realizarán unha sesión didactica para os nenos e nenas de Educación Primaria ás 11:30 horas no Salón de Actos.

II Edición do Teatrapa

Dende a Escola Municipal de Teatro, organízase a II Edición do Teatrapa, Mostra de Teatro Escolar, nas que se inclúen representacións para tódolos niveis educativos, este ano tendo coma invitados os Centros Escolares de Touro, Vedra e Baio.

Prolongarase ó longo do mes de Maio, tódolos mércores no Salón de Actos. Ademáis, nesas datas os alumnos da Escola, actuarán tamén en diferentes Centros Educativos.

Actividades para toda a veciñanza

Festa do Peñón luns 12 de maio: romaría tradicional que se celebra o luns posterior ó Domingo de Pascua de Pentecostés, no alto do Peñón e o merendeiro de Soesto, onde este ano o Concello toma partida , dende diversos Departamentos: Xuventude, Turismo e Cultura para ofertar actividades, que axuden a facer deste día unha Gran Festa Veciñal. As actividades serán:

  • Actuación do “Cego dos Monifates”, cantares de cego tradicional con monicreques, música en directo e moito, moito humor.
  • Xogos tradicionais para grandes e pequenos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Concellería de Cultura, Benestar Social e Emprego do Concello de Laxe.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com