|
A Fundación Santa María la Real-Centro de Estudios del Románico presentan o seu proxecto Unidade de Promoción e Desenvolvemento "Terras de Galicia", que anunciabamos hai unhas semanas. Convocan así unh arolda de prensa para o vindeiro 9 de maio, ás 12:00, no AC Palacio do Carme de Santiago de Compostela. O evento contará coa presencia do Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela Sánchez, o Director Xeral Álvaro Ansias Bacelar, o presidente da Fundación Santa María la Real – Centro de Estudios del Románico, José María Pérez González “Peridis”, o director da Fundación, Juan Carlos Prieto Vielba e o director da UPD Terras de Galicia, Carlos Álvarez Marcos. Coidando o patrimonio da Costa da Morte A través de la Unidad de Promoción e Desarrollo (UPD) “Terras de Galicia”, a Fundación Santa María la Real – Centro de Estudios del Románico, traballa na promoción, difusión e dinamización do patrimonio cultural galego e en outras iniciativas susceptibles de promover o desenvolvemento a partir dos recursos de das comarcas da Ribeira Sacra e da Costa da Morte; ademais servirá de apoio técnico ao resto de Programas que se desenvolven na Comunidad Autónoma. Fomento o emprego da bisbarra para a bisbarra A UPD “Terras de Galicia” aposta polas persoas do propio territorio, preferentemente polos máis novos, buscando un compromiso copa súa terra e ofrecéndolles a posibilidade de atopar o seu futuro nela. Para poder levar a cabo a posta en marcha das actividades que desenvolverán ao longo de 2 anos. A Consellería de Traballo subvenciona con algo máis de 1 millón de euros esta iniciativa que conta cun equipo interdisciplinar de 15 personas. Fundación Santa María la Real Falamos dunha entidade sen ánimo de lucro ubicada en Aguilar de Campoo, (Palencia). A entidade traballa no desenvolvemento a través do patrimonio cultural, social e natural e está especializada na restauración e conservación do patrimonio románico. A Fundación traballa a nivel nacional e internacional e conta cun persoal superior aos 190 empregados, dos que 15, todos galegos están a traballar no noso país nos proxectos da Ribeira Sacra e da Costa da Morte. Novas relacionadas Fonte
|