doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Asociación Montebranco de Ponteceso presenta o programa da Festa das Letras 2008  Correo-e
martes, 06 de mayo do 2008

A Asociación Cultural Monte Branco do Couto presentou o programa para a XXVI edición da festa das letras, coa que colabora o Concello de Ponteceso. Música, artesanía, obradoiros de lectura, exposicións, cine ou teatro entre a morea de actividades que se desenvolverán entre o sábado 10 e o domingo 18 de maio deste 2008. Persoeiros como Artur Trillo, Cándido Pazó, Toño Casais ou Quico Cadaval compartirán a súa sabedoría e grupazos como Kepa Junquera e Berrogüeto mostrarán o seu folk para o deleite de toda a bisbarra.

Como todos os anos, O Couto convértese na referencia cultural, non só comarcal, se non tamén galega polo esforzo e traballo das xentes que forman parte desta entidade cultural. O Couto está na estrada que une Ponteceso e Corme a un quilómetro da capital do concello, na parroquia de Cospindo.

Programa das xornadasImage

  • Sábado, 10 de maio 2008, Cantarea
    - 20.00 h. PREGÓN: Xosé Antonio Pet Pose.
    - 20.30 h. Concerto de corais presentado por Cristina Souto: Coral Polifónica de Cesullas, Coral Fillos de Galicia de Sestao, Coral A Oliveira do Monte Branco de Cospindo.
    - 22.00 h. Cine na carpa: Nocturna;
    - 22.30 h. MÚSICA DE TABERNA: Olga Kirk e Pablo Díaz.
  • Domingo 11 maio 2008: 20 anos con Talía, Teatro da Costa da Morte
    - 13.00 h. Representación teatral de Menos lobos.
    - 16.45 h. Presentación para nais e pais do Programa Contos e Cantos.
    - 17.00 h. Representación teatral d’O merlo branco.
    - 19.00 h. Representación teatral de Quero ser grande. Obradoiros teatrais, ó longo de todo o día, impartidos por Arthur Trillo e Toño Casais.
  • Luns 12 maio 2008: Contos e Cantos
    - EXPOSICIÓN de Kalandraka Editorial.
    - OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA PARA ESCOLARES de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos colexios da comarca. Sesións de mañá e tarde segundo horario escolar.
    - LECTO-AVENTURA actividade dirixida a escolares bergantiñáns que consiste nunha sesión de animación á lectura no cuarto dos libros e dinamización dun CD interactivo baseado na obra de Xelucho Abella Chouciño Gundar e o cabalo de oito patas. Realizarase no Cuarto dos r@tos.
    - 18.00 - 20.00 h. ETAPAS PARA UN ITINERARIO PONDALIANO: Capítulo 1: A branca e doce morada. Aspectos biográficos de Eduardo Pondal a cargo de Manuel Ferreiro. Asesoramento histórico de Lois Giadás. (Casa de Pondal).
    - 20.30 h. PROGRAMA SOLPOR actividade dirixida ó público familiar con Caramuxo Teatro, Vagabundos.
    - 22.00 h. NARRACIÓN ORAL con QUICO CADAVAL.
  • Martes 13 maio 2008: Contos e Cantos
    - EXPOSICIÓN de Kalandraka Editorial.
    - OBRADOIROS DE ANIMAMACIÓN Á LECTURA PARA ESCOLARES de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos colexios da comarca. Sesións de mañá e tarde segundo horario escolar
    . - LECTO-AVENTURA actividade dirixida a escolares bergantiñáns que consiste nunha sesión de animación á lectura no cuarto dos libros cun CD interactivo baseado na obra de Xelucho Abella Chouciño Gundar e o cabalo de oito patas.
    - 18.00 – 20.00 h. ETAPAS PARA UN ITINERARIO PONDALIANO: Capítulo 2 : Lugares, caros lugares: Sesión de toponimia pondaliana a cargo de Fernando Cabeza Quiles. Asesoramento histórico de Lois Giadás. (Capela de Santa Mariña).
    - 20.30 h. PROGRAMA SOLPOR actividade dirixida ó público familiar con Quinquilláns, Mago de Oz.
    - 22.00 h. NARRACIÓN ORAL con CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN.
  • Mércores 14 maio 2008: Contos e Cantos
    - EXPOSICIÓN de Kalandraka Editorial.
    - OBRADOIROS DE ANIMAMACIÓN Á LECTURA PARA ESCOLARES de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos colexios da comarca. Sesións de mañá e tarde segundo horario escolar
    - LECTO-AVENTURA actividade dirixida a escolares bergantiñáns que consiste nunha sesión de animación á lectura no cuarto dos libros cun CD interactivo baseado na obra de Xelucho Abella Chouciño Gundar e o cabalo de oito patas.
    - 18.00 – 20.00 h. ETAPAS PARA UN ITINERARIO PONDALIANO: Capítulo 3 : O Xungal dos Mazaricos: As aves na enseada da Insua a cargo de Xan X. Fernández Carrera. Asesoramento histórico de Lois Giadás. (A Insua);
    - 20.30 h. PROGRAMA SOLPOR actividade dirixida ó público familiar con Títeres Seisdedos, O cego dos monifates.
    - 22.00 h. NARRACIÓN ORAL con CÁNDIDO PAZÓ.
  • Xoves 15 maio 2008: Contos e Cantos
    - EXPOSICIÓN de Kalandraka Editorial.
    - OBRADOIROS DE ANIMAMACIÓN Á LECTURA PARA ESCOLARES de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos colexios da comarca. Sesións de mañá e tarde segundo horario escolar
    . - LECTO-AVENTURA actividade dirixida a escolares bergantiñáns que consiste nunha sesión de animación á lectura no cuarto dos libros cun CD interactivo baseado na obra de Xelucho Abella Chouciño Gundar e o cabalo de oito patas.
    - 18.00 – 20.00 h. ETAPAS PARA UN ITINERARIO PONDALIANO: Capítulo 4: Cando xazan do cisne. Poesía e música a cargo de Lino Braxe e Rómulo Sanjurjo. Asesoramento histórico de Lois Giadás. (Cafetaría da praia de Valarés);
    - 20.30 h. PROGRAMA SOLPOR actividade dirixida ó público familiar. - Música de Mamá Cabra.
    - 22.00 h. NARRACIÓN ORAL con David Amor.
  • Venres 16 maio 2008: Contos e Cantos
    - EXPOSICIÓN de Kalandraka Editorial.
    - 10.30, 11.30 e 15.30 h. CONTOS E CANTOS PARA ESCOLARES de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos centros de ensino da comarca.
    . - LECTO-AVENTURA actividade dirixida a escolares bergantiñáns que consiste nunha sesión de animación á lectura no cuarto dos libros cun CD interactivo baseado na obra de Xelucho Abella Chouciño Gundar e o cabalo de oito patas.
    - 18.00 – 20.00 h. ETAPAS PARA UN ITINERARIO PONDALIANO: Capítulo 5: Entre o encontro coa auga bendita e a derradeira vontade. A cargo de Luís Giadás e con música de harpa e violín de Alfonso Franco e Paula Oanes. (Casa do Cura);
    - 20.30 h. PROGRAMA SOLPOR actividade dirixida ó público familiar con Fredi Muíño, Un día de treboada.
    - 22.00 h. CINEMA DIXITAL + MÚSICA EN DIRECTO (na Casa do Cura): Clásicos DE CINE The Kid de Charles Chaplin + Música de Ancestral.
    - 22.30 h. MEMORIAL CHICHO DO COUTO: Teatro con Dequenquén, As cicatrices da memoria e Actuación música folk de Vaamonde, Lamas & Romero.
  • Sábado 17 maio 2008: Homenaxe a Xelucho Abella
    - 9.00 – 11.00 h. PROGRAMA Radio Voz Bergantiños.
    - 10.30 h. Pasarrúas de Inllar11.00 h. Apertura da Mostra do Libro Galego.
    - 11.30 h. HOMENAXE A XELUCHO ABELLA. Presentación do CD Gundar e o cabalo de oito patas. Inauguración da exposición sobre esta narración literaria.
    - 12.00 h. ESPECTÁCULO LITERARIO (poesía + música) con Paco Souto e Serxio Moreira.
    - 12.15 h. XOGOS DA IGUALDADE (Encontro de Billarda na Memoria de Chicho da Bartola);
    - 12.30 h. Representación do grupo musical Donaire da Coruña e a Banda de Gaitas Malante de Malpica de Bergantiños.
    - 14.00 h. XANTAR DE HOMENAXE a Xelucho Abella Chouciño.
    - 17.00 h. NA MEMORIA DE MANUEL MARÍA E SUSO VAAMONDE: Representación a cargo da compañía Trinke – Trinke, Os soños na gaiola.
    - 18.00 – 22.00 h. OBRADOIROS de capoeira , percusión afrobrasileira e txalaparta. Exhibición de capoeira.
    - 22.00 h. Actuación de música folk a cargo de PÉ DE BOI.
    - 23.00 h. Concerto FOLK con KEPA JUNKERA.
  • Domingo 18 maio 2008: XXVI FEIRA DE ARTESANÍA
    - 11.00 h. Apertura da XXVI FEIRA DA ARTESANÍA. Obradoiros e demostracións nas haimas durante todo o día.
    - 11.15 h. Apertura do salón LECER;
    - 11.30 h. Pasarrúas da Charanga Os Celtas;
    - 12.00 h. Polifonía da Coral Brisas do Mar de Corme na igrexa de San Tirso de Cospindo.
    - 12.45 h. CONCERTO MATINAL da Banda de Música Eduardo Pondal.
    - 13.30 h. ACTUACIÓN dos grupos de música e baile tradicional A. C. Monte Branco con estrea de traxes tradicionais.
    - 17.00 h. ESPECTÁCULO de Raigañas, Terra de Bergantiños.
    - 19.00 h Actuación FOLK con BERROGÜETTO
    - 21.00 h. CLAUSURA.

Casting en Ponteceso

Na xornada de onte, luns 5 de maio de 2008, a produtora galega Vimbio Filmes, parou en Ponteceso. A empresa galega de produción cinematográfica está preparando a película de longametraxe “A CASA DA LUZ”, baseada na novela homónima de XABIER DOCAMPO, autor galardonado co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL.

Esta produción destinada preferentemente a un público infantil, é unha película de aventuras e está protagonizada por nenos e nenas comprendidos entre os 8 e 13 anos e vai ser rodada en galego.

Co ánimo de dar a oportunidade a todos los nenos e nenas que viven en Galicia (galegos e procedentes de outros países do mundo) de poderen ser protagonistas deste filme temos establecido facer unhas probas de reparto (casting) por todas as comarcas do noso país.

Máis información e fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com