|

Os deputados dos grupos que apoian o Goberno da Xunta rexeitaron ontes na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia unha iniciativa do Partido Popular solicitando a supresión do Plan Galego de Acuicultura, e máis concretamente, o parque acuícola número 17 de Seiruga. Dende o PPdG acusan directamente ao BNG de mostrar continuas contradicións neste eido, e láiase de que manteña a súa posición, que a título particular e de portas afora do Parlamento apoia a supresión da piscifactoría, pero á hora da verdade mete o rabo entre as pernas. Dende o PPdG sinalan como o Plan Acuícola deste goberno conta con 1.044 alegacións, mentres que o anterior Plan de Tecnoloxía Alimentaria artellado polo PPdG tan só recibira 3. Finalmente Balseiro sinala que este goberno fai caso omiso do rexeitamento social, e proba diso é a non supresión da granxa de Seiruga, ou doutras como Merexo, Camelle ou Arou, quedándonos na nosa bisbarra. Ademais lembra dos condicionantes que impuxo a Consellería ao atoparen o castro da Galiana. Nota de prensa do PPdG - Os socios do bipartito votaron hoxe no Parlamento en contra dunha proposición non de lei na que tamén se solicitaba a supresión do Parque Acuícola de Seiruga.
- A proposición non de lei popular solicitaba tamén que, no caso de non aceptar dita retirada do plan, se eliminara do mesmo o parque emprazado na localidade de Seiruga, en Malpica de Bergantiños.
- Segundo José Manuel Balseiro, voceiro de Pesca do Grupo Popular, a postura do BNG “apoiando a titulo particular e de portas afora do Parlamento” a supresión do parque acuícola de Seiruga contrasta frontalmente có seu proceder “á hora de darlle ao botón no momento de votar no Parlamento”PPdeG.
O voceiro de asuntos marítimos do PPdeG, José Manuel Balseiro, defendeu esta proposta, na que solicitaba da Xunta a retirada do devandito plan e o restablecemento do diálogo entre o sector e as partes implicadas “de tal xeito que o novo mapa acuícola cumpra coas expectativas do sector e poda contar co respaldo necesario”. A proposición non de lei popular propoñía tamén que, no caso de non aceptar dita retirada do plan, se eliminara do mesmo o parque emprazado na localidade de Seiruga, en Maplica de Bergantiños. Para Balseiro, o voto contrario dos dous grupos que conforman o goberno galego “retrata ben ás claras” a forma de proceder “dalgúns dos partidos que sustentan a Xunta”, en clara alusión ao grupo nacionalista. Na súa opinión, a postura do BNG “apoiando a título particular e de portas afora do Parlamento” a supresión do parque acuícola de Seiruga contrasta frontalmente co seu proceder “á hora de darlle ao botón no momento de votar no Parlamento”. Para o parlamentario popular este “dobre discurso cheo de continuas contradicións” dos nacionalistas “é a mostra da súa falta de credibilidade”. Así mesmo lembrou que o voto favorable do BNG sumado ao do PP obrigaría a Consellería de Pesca a rexeitar o plan galego de acuicultura e permitiría configurar un novo mapa acuícola con emprazamentos mellor estudados “onde coexista o interese medioambiental e veciñal co desenvolvemento económico galego”. Rexeitamento social Balseiro Orol subliñou, por último, que o parque proxectado pola Xunta de Galicia na zona de Seiruga podería supoñer, “en opinión das organizacións ecoloxistas e veciñais”, un grave prexuízo para esta localidade, “por canto afecta a unha zona de especial interese natural, de grande riqueza paisaxística, mediambiental, patrimonial; e cunha grande potencialidade turística”. Novas relacionadas Fonte
|