Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Cataventos bautiza aos rapaces do Manuela Rial de Cee  Correo-e
miércoles, 07 de mayo do 2008

Image

A Escola de Vela Cataventos, situada no peirao de Corcubión, está conseguindo pouco a pouco involucrar ás escolas e aos concellos da bisbarra para que os rapaces poidan aprender e practicar un deporte ao aire libre nun marco inigualable, como son a ría de Corcubión ou a de Camariñas.

Onte, martes 6 de maio de 2008, 15 rapaces do Manuela Rial disfrutaban do seu Bautismo de mar, isto é, a primeira vez que te botas ao mar. De seguro que hai máis dun pai que aínda non está bautizado, pero gracias a boa labor de Noemí e dos seus compañeiros da Escola, están a conseguir que os cativos poidar entrar na diócese do mar.

 

"O mar na escola"Image

Cataventos saca á mar a uns cantos rapaces do colexio da Ponte do Porto cada sábado. Coa colaboración do concello de Camariñas e da empresa Cerdeimar, están realizando unha actividade chamada "O mar na escola", que ofrece a posibilidade de aprender de disfrutar do mar e da vela.

Os concellos están directamente implicados no desenvovemento e na promoción destes deportes, xa que, malia que hai grupos de escolares nos que cada familia paga o seu, como no Manuela Rial, outros piden unha pequena sobvención municipal para sufragar gastos. Os alumnos de 5º e 6º da ESO 1º e 2º de Bacharelato do Fernando Blando de Cee, que tamén teñen saídas dos seus alumnos durante os meses de marzo, abril e maio.

Algún outro colexio, como o Praia de Quenxe, agarda da colaboración do concello para facer realidade a ilusión de moitos rapaces. Sen embargo, outros centros non se mostran interesados nestes proxectos, como son os Eugenio López e Agra Raíces. Se cadra, un empurronciño do concello podería axudar.

Image 

O mar como medio de disfrute

Estamos acostumados a ver o mar como un medio de traballo. Norml nunha bisbarra onde a pesca e o marisqueo foron toda a vida a meirande fonte de traballo e alimentación. Así e todo, o mar é moito máis que una oficina. Normal é ver a oficina como o teu lugar de traballo, pero o mar, non pode quedar niso.

Para recuperar ese valor de disfrute, ataventos ofrece varias alternativas diferentes: que se participar na escola de vela durante todo o ano, como fan uns 11 rapaces (no inverno non se nos resfrían, señoras!), ou ben alugar un kaiak ou un pequeno veleiro cando apeteza para dar unha voltiña por esta marabillosa e ben xeitosa ría para a práctica destes deportes acuáticos.

Pasen por www.cataventos.net para ver as posibles actividades e as impresionantes imaxes que deixa cada xornada de mar. I é que navegar entre golfiños pola ría de Corcubión, polo Cabo Vilán ou debaixo da Moa, calquera paraxe é unha verdadeira marabilla para disfrutar deste bonito deporte.

Máis información

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com