Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O grupo PX analiza as augas do Xallas e conclúe que é boa pero non potable  Correo-e
miércoles, 07 de mayo do 2008

O grupo ecoloxista PX realizou unha análise da calidade das augas do río Xallas en cinco puntos, dos municipios de Dumbría, Zas e Santa Comba, para comprobar o estado de saúde deste cauce. En xeral o auga do río é de boa calidade, agresiva (aquela que pode disolver ou desintegrar materiales sólidos), fría, con baixo valor de pH, baixa dureza (presenza de metais como calcio ou magnesio) e acción disolvente, pero non potable.

PX ten realizado tamén un estudio das augas das augas subterráneas, pozos e fontes de uso público das parroquias situadas nas ribeiras dos 3 concellos afectados, concluíndo que non son potables. Ademais, e como asegura Rafael Lema, os ríos van ser a fonte de abastecemento de auga neste século, en tanto que na Ponte do Porto, o pobo xa bebe auga recén chegada e clorada do río Grande.

Posibles causas

PX apunta a acción humana como causa deste deterioro da calidade. Así contabilizamos unha morea de posibles procesos contaminantes: as prácticas agrícolas; o uso de fertilizantes, pesticidas e fertilizantes orgánicos; as fosas sépticas, o abonado con residuos animais e os xurros das granxas. Son sobre todo os ríos máis pequenos os máis afectados, xa que a maioría das fosas sépticas, vertidos de xurros (escrementos dos animais filtrados no esterco) e de fertilizantes realízanse en afluintes. O grupo está analizando as augas superficiais e subterráneas do río Grande da Ponte do Porto.

Características das augas do ríoImage

En xeral son augas claras e non olorosas, con valores de turbidade aceptables, cunha temperatura media de 15ºC, polo tanto considéranse frías; contan cun nivel de pH=7, con presencia de materia orgánica e bacterias e ácidos húmicos dentro dos parámetros permitidos. Pero, ao tempo, son augas agresivas que precisarían dun tratamiento previo entes de utilizalas e poden causar problemas de desgaste nas conducións.

Presentan valores pequenos de sólidos en suspensión, entre 1.0 e 3.9 mg/L. Non ocasionan problemas como disminuir o oxígeno disolto, evitar o paso da luz ou limitar a vida acuática. En canto á dureza son de boa calidade, sen unha alta alcalinidade e sen un gusto astrinxente ao ter unha mostra de cloruros e torno al 8.7, dentro da normativa.

O estudio de Medio Rural analizaba a presenza de nitratos como indicativo da posible contaminación da actividade agrogandeira na calidade das augas xalleiras, concluído que son das mellores de Europa. Neste sentido, ambos estudios conflúen, e para o PX non se aprecia contaminación por fertilizantes, con valores de nitrato dentro de la normativa (50 mg/ L), concentración de nitritos e de amonio dentro del límite. Igualmente hai pouca presencia de sulfatos, e os bromuros e fluoruros están dentro do límite.

En algúns puntos detéctase unha concentración de fósforo en forma de fosfatos por fertilización de hortas con augas negras de fosas sépticas, sobre todo nos afluentes do Xallas (Abuín e Maroñas). Ademais do abonado de hortas, detéctanse tamén puntos de limpieza de cisternas e colectores de purines ou puntos urbanizados (Esmorode).

Fontes e pozos

O grupo ecoloxista anda a analizar unha morea de fontes e pozos da bisbarra. En total, foron analizados 100 puntos, dos que, segundo sinala Rafael Lema, tan só dous cumpren os parámetros da augas potables e non tóxicas.

Lema sabe que estas augas non matan a niguén, pero asegura que non é bo bebelas. Falando das dos ríos, lembra como a poboación da Ponte do Porto bebe auga do río que tan só pasa un proceso de cloración para matar ás bacterias. Entrementres, Lema apunta que a depuradora segue sen funcionar, a espera de que se constrúa a nova para finais de ano.

Diferencia entre augas subterráneas e superficiais

Tamén se advirte a presenza de sílice, un dos anións máis abundantes poos depósitos graníticos. A presencia de microorganismos nas aguas superficiais do río é 2.500 veces superior á das fontes e augas subterráneas do cauce. Por isto, o auga do río non se pode considerar potable nin sanitariamente permisible e necesita dun tratamento de cloración antes de que se destine a consumo humano. O índice de calidade é en xeral boa pero segundo os parámetros do Water Quality Index é non potable. Por exemplo, na praia fluvial de Esmorode hai un alto nivel de estreptococos fecais, coliformes fecais. En Maroñas destacan a alta presenza de bacterias heteróptrofas e coliformes totais, que dan boa conta dos problemas de depuración que temos na bisbarra, e se non que lle pregunten á ría de Corcubión, unha das rías máis contaminadas de Galicia.

En Brandomil (que vemos na bonita fotografía de Marcos Rodríguez)a temperatura é de 13.9, o pH de 6.8, os estreptococos fecais de 14, nitratos 8.4, e sulfatos 3.9. En Maroñas, os mismos valores son 15.7; 6.5; 46; 9.4; 2.6. En Esmorode, 16.7; 6.9; 53; 6.5, 4.3. En Abuín, 15.4; 6.6;16; 8.8, 3.2.

Estudios anteriores

Un estudio similar foi efectuado hai tres anos, sobre mostras de aguas superficiais na puente de Brandomil (Zas), en Ponte Olveira (Dumbría), e nos ríos Maroñas e Abuín ao paso por A Pereira (Santa Comba) e na praia fluvial de Esmorode.

Último estudio de Medio Rural

A asociación ecoloxista quixo corroborar o último estudio das augas xalleiras que a Consellería de Medio Rural realizaou o pasado mes de marzo. Neste análise, Medio Rural asegura que as do río Xallas, son das mellores augas de Europa, e que conta cunha presencia baixa de nitratos, compostos utilizados nos fertilizantes máis perigosos e habituais responsables da contaminación de augas pola actividade agrogandeira.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com