Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Martín Varela participuo nunha exhibición antes da final do Conde de Godó entre Nadal e Ferrer  Correo-e
jueves, 08 de mayo do 2008

O cormelán Martín Varela, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado por Ergosaude Equipamiento Geriátrico Clínico, participou no Open de Tenis en Cadeira de Rodas de Cataluña 2008, celebrado no Club Terrasa da mesma localidade.

Martín Varela disputou o primeiro cadro no que participaban os cataláns Kiko Tur Cristian Mira e o mirandés Óliver Puras, despois de ter estado competindo durante dous meses en torneos internacionales buscando a clasificación para a paraolimpiada deste ano. Estos xogadores demostraron durante o torneo que o nivel que se alcanza coa participación en torneos internacionales é superior ao que se pode alcanzar nos nacionales. O cormelán era coñecedor d bo momento de forma que traían os seus compañeiros pero aínda así o seu obxectivo era meterse na final.

Traxectoria no torneoImage

En primeira ronda venceu con facilidade á xogadora local Bárbara Vidal por 6/0 e 6/1. Desta forma xogábase o pase á gran final ante o catalán Cristian Mira (nº 5 do ránking nacional) que viña de competir en cinco torneos internacionais. Este factor notuse na pista, xa que o catalán realizou un gran xogo e venceu a Martín por 6/1 e 6/3. No segundo set Martín mellorou tmoito pero non foi suficiente. A final, como era de esperar, disputouna Cristian Mira contra o nº 1 do ránking Kiko Tur, vencendo este último.

Final en dobles

Na competición de dobles Martín fixo parella co catalán Kiko Tur, alcanzando a final como era de esperar ante Cristian Mira e Óliver Puras. A final estivo moi reñida como reflexa o marcador final (4/6, 6/4 e 7/5) e ao final venceu a parella formada por Mira – Puras.

Exhibición no Godó

A gran noticia saltou cando a organización do Torneo Conde de Godó, que se estaba celebrando en Barcelona, invitou a estes catro xogadores para realizar una exhibición na pista central antes da gran final entre Nadal e Ferrer. Martín compartiu instalacións coas grandes estrellas do tenis mundial e disfrutou dunha tarde máxica de tenis no Godó.

Vindeira cita

Martín disputará o próximo torneo nacional en Huesca entre o 22 e o 25 de maio no Club de Tenis Zoiti.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com