doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O convenio colectivo da Stol Sea Farm segue sen solucionarse  Correo-e
jueves, 08 de mayo do 2008

Os problemas co 3º convenio colectivo da empresa norueguesa de acuicultura Stolt Sea Farm segue a dar que falar. Os 201 traballadores da empresa (162 nas 4 plantas da bisbarra, Lira (64), Merexo (35), Quilmas (34) e cabo Vilán (29), mentres que o resto non teñen un encadre fixo), axudados pola CIG, continúan coa loita pola formalización dun convenio que, cando menos, non reduza as condicións laborais que conseguiran co 2º convenio. A pugna está centrada, sobre todo, en dous puntos: a antigüidade e os ascensos relacionacionados coa propia antigüidade..

A negociación xa leva 1 ano e 5 meses, nos que a empresa non sae da súa actitude intransixente tentando recortar os dereitos dos traballadores. Entrementres, os soldos dos trablladores están conxelados dende o 2006. Segundo sinala a CIG, a empresa segue a embolsarse beneficions millonarios (máis de 11 millóns de euros no 2006 e preto de 15 no 2007 pendentes de confirmar). Ademais, as primas só as cobran os directivos., mentres os traballadores perden poder adquisitivo.

Pasado e presente

A política laboral da empresa norueguesa era exemplar ata hai 3 ou 4 anos, como nos conta Xabier Santos, da CIG. Nos primeiros anos os incrementos salariais chegaban ao 7 e o 8% por riba do IPC, pero dende hai un tempo e, tras un cambio de rumbo, comezaron os recortes e as presións en todas as fábricas. Sobre todo nos departamentos denominados Hatchery, ou criadoiros, nos que se contabilizan 11 dos 18 despidos nos útimos 4 anos, dos que tan só un foi a xuizo.

Precisamente o único xuizo deu a razón ao traballador, que curiosamente era o presidente do comité de empresa, Joaquín Casais, quen tivo que ser readmitido aló por xaneiro, por despido improcedente. Isto dá boa conta da política de laboral represiva.

Presión laboral

Se o traballo en si en cada piscifactoría non mata a ninguén, o que se cadra fai dano é o continuo acoso e as cartas de apercibimento por suposto baixo rendemento que provocan un estrés laboral nos traballadores. Mesmo hai xa a día de hoxe dúas baixas por ansiedade e unha incapacidade total por depresión, e hai moitos traballadores que solicitan a baixa voluntaria ou deciden non renovar os seus contratos. Ademais, disque xa hai un despido preparado para esta semana.

A CIG califica de vergoñenta a política laboral da empresa, que leva anos aproveitándose das subvencións tanto da U.E. como da Xunta a través das consellerías e Medio Ambiente, Política Territorial, Industruia e Pesca, pero que non traballa ao servizo do desenvolvemento económico e social das zonas onde se asenta, senón para o enriquecemento do grupo e dos seus directivos, como sinalan dende a CIG.

Campaña informativa

Con todos estes problemas dende o sindicato dan comezo a unha campaña de contactos e información coas distintas administracións, para pór en coñecemento das mesmas a política laboral que nestes Centros de Traballo da empresa Stolt Sea Farm S.A. se está a dar.

Manifestacións

Os traballadores da empresa afiliados á Confederación Sindical Galega, participaban o primeiro de maio nunha manifestación na Coruña co gallo do día do traballador, na que participaron unhas 2.000 persoas baixo o lema "por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel". Na cidade herculina houbo outra manifestación convocada por CCOO e UGT, na que participaron outras 2.000 persoas aproximadamente.

Nota de prensa da CIG

Os Traballadores de STOLT SEA FARM afiliados a esta Central Sindical veñen de participar na manifestación convocada pola CIG que se celebrou o xoves na Coruña con motivo do 1º de Maio e co lema “por un modelo socioeconómico, xusto e sustentábel”.

Os traballadores/as reivindican a negociación do convenio colectivo de empresa, negociación que dura xa un ano e cinco meses. A empresa segue cunha aptitude intransixente coa única pretensión de recortar os dereitos xa adquiridos no actual convenio, chantaxeando os traballadores cun negociación que se fai interminábel e que ten como consecuenca que os traballadores/as teñan conxelados os salarios dende o ano 2006.

A pesar diso a empresa segue a embolsarse beneficios millonarios (máis de 11 millóns no 2006 e preto de 15 no 2007 pendentes de datos oficiais que a empresa aínda non entregou o comité) o mesmo tempo os seus directivos sí se reparten as primas a final de ano, mentres os traballadores/as perden poder adquisitivo.

A empresa, pola contra, segue unha política laboral represiva, de acoso continuo nalgúns dos seus departamentos, continuas cartas de apercibimento os traballadores, estrés laboral … (cuestións que esta Central Sindical xa trasladou a asesoria xurídica para estudar as posíbeis demandas contra algúns directivos por acoso laboral), e un nº de despedimentos intolerábel e sen precedentes en ningunha empresa desta comarca (18 nos últimos 4 anos). Unha política laboral que leva a que algúns traballadores decidan non renovar os seus contratos ou a solicitar a baixa voluntaria.

E inadmisíbel cunha empresa que ven percibindo importantes cantidades económicas tanto da U.E. como da Xunta de Galiza a través das correspondentes Consellerias, Política Territorial, Medio Ambiente, Pesca e Insdustria, incluso dos Concellos, facilitándolle no seu día a adquisición de terreos onde están asentados os seus 6 centros de traballo; e que debería servir para o desenvolvemento económico e social das zonas onde se asenta; serva para o enriquecimento do grupo, dos seus Directivos e practique nos últimos anos unha política laboral tan vergoñenta.

Por este motivo a CIG iniciará unha campaña de contactos e información coas distintas Administracións, para pór en coñecemento das mesmas a política laboral que nestes Centros de Traballo da Empresa STOLT SEA FARM, S.A. se está a dar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
  • Nota de prensa da CIG, redactada por Xabier Santos.

     

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com