Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Xustiza será quen decida se a piscifactoría de Merexo se amplía ou non  Correo-e
jueves, 08 de mayo do 2008

A plataforma veciñal Merexo Non se Vende está de noraboa. Así o manifesta a nota de prensa que nos enviou onte na que nos informa dunha boa nova para o pobo de Merexo. Reulta que o recurso contencioso administrativo, presentado con motivo da resposta dada pola conselleria de Pesca as nosas alegacións, foi admitido a trámite polo Tribunal Superior de Galicia, para a súa resolución pola vía do contencioso-administrativo

Image

Deste xeito será a señora xustiza a que dé e quite razóns, estando convencidos dende a vila muxiá que esta se colocará do lado do corazón e da dignidade. O recurso, firmado por Ramón Sabin en nome de todos os habitantes de Merexo (ou a inmensa maioría) expón nos 122 folios máis de 1.800 firmas de rexeitamento ao Plan Sectorial de Acuicultura de Galicia e ao seu informe de sostenibilidade ambiental, no tocante á ampliación da piscifactoría actual situada en Merexo. O recurso fóra enviado o 13 de semtembro de 2007. Máis vale tarde que nunca, e se cadra aínda chega a tempo.

Xa avisara aló por marzo, Antonio Devesa, voceiro da Plataforma, ante o silencio da Xunta ás queixas do Valedor, de que a vía xudicial poderái facerse unha realidade. E tanto, Antonio non nos contara todo e un par de meses despois topamos co esta boa nova. Parabéns polo gran traballo.

Novas relacionadasImage

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com