Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Continúa aumentando a utilización do Noitebus entre a mocidade  Correo-e
viernes, 09 de mayo do 2008

Xa son uns 340 usuarios das 8 liñas que contabilizamos da bisbarra, os que cada fin de semana elixen o Noitebús para saír de marcha. A maioría soen ser rapaces que non teñen vehículo propio pero xa hai moitos "motorizados" que elixen deixar o coche na casa para poder cargar tranquilamente sen a incertidume e o perigo de ter que devolver o vehículo á casa.

Continúa pois crecendo o uso na bisbarra, malia que o fai de vagar. Se no verán do 2007 calculábamos uns 100 usuarios por noite, no Nadal xa eran 150 e na Semana Santa, uns 160 viaxeiros. Pois nestes primeiros 4 meses do 2008, e sen contar o Nadal, calculamos que uns 170 mozos utilizan este necesario servizo cada noite de fin de semana.

A ruta Camariñas-Ponteceso segue sendo a máis utilizada e engloba a máis da metade do groso dos viaxeiros da bisbarra. A seguinte é a que une Baio con Carballo, mentres que as rutas que unen distintos puntos con Santa Comba case que suman 1.400 dos 5.442 usuarios totais. Polo contrario, a liña Fisterra-Corcubión-Cee segue a ser noticia, pero pola súa nula ocupación. Un só viaxeiro recolleu o servizo. Disque algo falla por esta zona.

Usuarios por rutas na Costa da Morte no que vai de ano 2008 (do 10 de xaneiro ao 30 de abril):

RutaUsuarios
Camariñas-Ponteceso2.764
Ponte do Porto-Santa Comba399
Cee-Santa Comba466
Santa Comba-A Picota216
Baio-Zas-Santa Comba306
Baio-Carballo1.238
Muros-Carnota-Cee52
Fisterra-Corcubión-Cee1
Total Costa da Morte5.442
Total Galicia48.244

Rutas solicitadas

Entrementres, ao tempo que vemos como continúa incrementándose e popularizando o uso deste servizo nocturno, o norte da bisbarra segue agardando pola concesión de 3 novas liñas, que están en proceso de estudio:

  • Camariñas-Ponte do Porto-Laxe-Ponteceso;
  • Ponte do Porto-Vimianzo-Baio-Ponteceso;
  • Malpica-Corme-Ponteceso-Carballo.

Nota de prensa da CPTOPT

  • A directora xeral de Transportes, Mar Chao, ofreceu no Parlamento de Galicia os datos de utilización deste servizo, que xa transportou a máis de 148.000 usuarios dende a súa creación no verán de 2006, e 48.200 nestes últimos 4 meses.

Santiago, 7 de maio de 2008.- A directora xeral de Transportes, Mar Chao, indicou hoxe no Parlamento de Galicia que o servizo Noitebús transportou a un total de 48.200 mozos a lugares de ocio no que vai de ano nas liñas que estiveron operativas en toda Galicia, a meirande parte das cales funcionan con regularidade durante as fins de semana dende o verán pasado.

As cifras facilitadas hoxe pola directora xeral correspóndense ao período comprendido entre o 10 de xaneiro e o 30 de abril, posto que os usuarios rexistrados durante os primeiros días do ano contabilizáranse xa dentro do balance realizado polas festas do Nadal, cando se transportou a 9.500 usuarios. Dentro dos 48.200 usuarios rexistrados no que vai de ano si se inclúen os 8.100 mozos transportados durante a Semana Santa. Con estas novas cifras o servizo do Noitebús transportou xa dende a súa creación como experiencia piloto no verán de 2006 a uns 148.100 usuarios.

Para este ano, a Consellería abriu unha nova liña de axudas dotada con 4,2 millóns de euros (o triple que en 2007) que estará en vigor ata xullo de 2009. A Dirección Xeral de Transportes recibiu case un cento de solicitudes para a implantación de rutas Noitebús, que se corresponden con 44 concellos e 55 empresas de transporte. Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes, estase agora analizando de xeito individual cada petición para comprobar se cumpre con todos os requisitos establecidos na Orde de axudas publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 29 de febreiro.

Obxectivo do Noitebús

O obxectivo final desta liña de axudas é que o Noitebús se extenda xeográfica e temporalmente, de xeito que os servizos funcionen durante todo o ano no maior número de sitios posibles en función das necesidades de mobilidade nocturna que os concellos e as empresas detecten nas súas comarcas. Todas as rutas instaladas, cos días de funcionamento, horarios e percorridos, poden consultarse na páxina web www.cptopt.xunta.es.

Cómpre lembrar que o Noitebús enmárcase dentro da aposta da Consellería de Política Territorial por reducir a siniestralidade nas estradas, especialmente entre a xente nova durante os desprazamentos nocturnos en períodos de fin de semana e festivos. Precisamente, o Noitebús é unha das medidas que se inclúen no Plan Galego de Seguridade Viaria 2006-2010 elaborado pola CPTOPT en colaboración resto das consellerías da Xunta de Galicia, as administracións Central e Municipal e diversos colectivos relacionados con esta problemática.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Comunicación da CPTOPT.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com