doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee  Correo-e
viernes, 09 de mayo do 2008

Sinto vergoña por varias cousas nestes días. E unha delas se ilustra na foto que hoxe poden ver gracias a axuda inestimable dos rapaces de “Quepasana...”.

O motivo da fotografía é a caída recente nese punto dun coñecido graduado social e veciño desta vila, do que non darei o nome porque non teño o seu permiso, pero que hai uns días caia nese punto producíndose unha importante brecha na testa. Falamos dunha persoa de mais de 80 anos cunha enerxía vital encomiable pero cun corpo que non esta loxicamente para esas lerias.Image

E cando penso neste suceso penso tamén no que nos levou a aceptar esta situación. ¿Lembran vostedes cando dimitimos dos nosos dereitos?. Si, ¿cando foi que decidimos que os nosos gobernantes, municipais, autonómicos ou nacionais eran superiores a nos?, ¿cando aceptamos que temos o que nos merecemos sen remisión, cando consentimos ser tratados deste xeito?.

A beirarrúa da discordia esta na mítica rúa Calzada de Cee, a zona de marcha desta vila, vida a menos a forza de facer o que lle dou a gana a maioría de hostaleiros alí instalados. Nesa rúa todo é un desastre, a vixilancia policial non existe nin de noite nin de día, os coches invaden zonas de parquing e as que non o son, liñas amarelas, por enriba das beirarrúas. Unha estrada que debería ser de dirección única admite dobre dirección e camións pesados, e vehículos agrícolas, todo mesturado, e da igual. E claro as beirarrúas non soportan o peso e cascan.

Así están, así levan anos mais ben, sen que pase nada de nada, sen que ninguén proteste en publico por tanto desastre que debalua vivendas en venta, que emporca rúas e beirarrúas, que permite focos infecciosos con catro contedores de lixo diferentes xuntos no mesmo punto acumulando lixo, e merda. E non pasa nada. E ninguén di nada, ninguén se manifesta, nin berra nin se indigna. Bueno, menos eu.

Claro que eu, so son outro pirado con moito tempo libre e ganas de dar que falar ¿a que si?. Claro, seguro que son imaxinacións miñas.

  • José Luis Louzán.

Columnas anteriores

Máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com