doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Marisol Sonería fala sen pelos na lingua contra o PP  Correo-e
domingo, 11 de mayo do 2008

Marisol Soneira, non se corta un pelo, e esta pasada semana realizaba unhas manifestacións sen desperdicio. A Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE da Costa Atlántica manifestou que “resulta patético o esforzo que fai o PP por desacreditar o compromiso do Goberno galego e do Presidente Touriño coa Costa da Morte”.

A deputada socialista recorda que “onde antes só había liñas nun papel agora hai orzamentos xa licitados e publicados no DOG, onde antes só había promesas forzadas ante un dos maiores desastres ecolóxicos da historia agora hai un plan integrador e consensuado, con investimentos. Por exemplo: a Costa da Morte contará por vez primeira na historia cunha autovía de catro carrís libre de peaxe entre Carballo e Berdoias; por vez primeira na historia a Costa da Morte contará cun porto comercial que se localizará en Brens, e que permitirá o atraque de barcos de ata 30.000 toneladas”.

Soneira aseverou que “polo demais este Goberno foi quen de desbloquear a única proposta real do PP despois do Prestige: o Parador de Turismo de Muxía. A estas iniciativas hai que unir outras relcionadas co emprego, co medio ambiente, coa depuración das augas, con numerosas obras no litoral; moitas delas licitadas e outras xa realizadas por un importe cercano aos 600 millóns de euros”.

Por último Marisol Soneira lémbralle ao PPdeG que “se hai unha zona do país desamparada, abandonada e olvidada polos poderes públicos durante os 16 anos dos gobernos do PP en Galicia, esa é a Costa da Morte. Só deixaron emigración e despoblación”.

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Comunicación do PSdG-PSOE.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com