Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Fundación Santa María la Real e a Consellería de Traballo presentaron a UPD Terras de Galicia  Correo-e
domingo, 11 de mayo do 2008

A UPD Terras de Galicia ofreceu este pasado venres 9 de maio de 2008 unha rolda de prensa na que explicou os avances nos traballos realizados ata o de agora nos dous proxectos de revalorización do patrimonio que están a desenvolver na Ribeira Sacra e na Costa da Morte. O acto estivo presidido polo conselleiro de Traballo, Sr. D. Ricardo Varela e o presidente da Fundación, José María Pérez González "Peridis" nun céntrico hotel de Santiago de Compostela. Tamén contou coa presenza do Director Xeral de emprego, Álvaro Ansias Bacelar, o director da Fundación, Juan Carlos Prieto Vielba e o director da UPD Terras de Galicia, Carlos Álvarez Marcos.Image

Durante dous anos a UPD desenvolverá o seu traballo preferentemente en dúas bisbarras: a Ribeira Sacra e a Costa dá Morte. Segundo Carlos Álvarez, director da UPD: "Elixíronse estas dúas zonas polo seu enorme portencial. A primeira pola súa especial converxencia de recursos históricos (arte románica), paisaxe e actividade vitivinícola fortemente arraigada, e a segundad por ser unha terra mítica, con grande poder emotivo e cun reclamo gastronómico de indubidable potencial".

Ricardo Varela, conselleiro de Traballo, destacou que "as UPD teñen por obxectivo descubrir as potencialidades de desenvolvemento e emprego do territorio no que se desenvolven, por medio dunha axeitada prospección e avaliación dos recursos ociosos ou infrautilizados da zona". O conselleiro engadiu que "contribúen a achegar o nivel de intervención ao ámbito no cal se desenvolven as diferentes políticas de emplego, e á creación de marcos de participación e coordinación das diferentes administracións e axentes sociais implicados en temas de emprego".

FinanciaciónImage

A Consellería de Traballo e a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, cofinancian con máis de 1 millón de euros a UPD Terras de Galicia promovida pola Fundación Santa María la Real - Centro de Estudios do Románico, que ten unha duración de dous anos e conta cun equipo interdisciplinar de 15 persoas.

Obxectivos da UPD

A UPD Terras de Galicia, traballará na promoción, difusión e dinamización do patrimonio cultural galego e servirá de apoio técnico ao resto de programas que se desenvolven na comunidade autónoma. Un dos obxectivos primordiais desta UPD é formular proxectos concretos e perdurables no tempo sobre aquelas actividades, ámbitos ou lugares que poidan ofrecer as mellores perspectivas.

Fundación Santa María del Real

A Fundación Santa María la Real - Centro de Estudios do Románico, foi fundada o 24 de xuño de 1994, con sede no mosteiro de Santa María la Real de Aguilar de Campoo (Palencia). Considérase unha institución iniciadora e promotora dos programas de Escolas Taller xa que o seu antecedente, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Aguilar, comezou en 1985 o primeiro destes proxectos a nivel nacional.

A través deles contribúe ao desenvolvemento económico e social mediante a prestación de servizos que favorezan a integración dos diferentes colectivos que conforman cada comunidade:

"Con esta UPD a Fundación quere asentarse en Galicia ofrecendo un modelo de desenvolvemento para que a xente jóven de aquí non teña que emigrar.

O noso obxectivo é poñer en valor as tres "P": persoas, patrimonio e paisaxe. É un modelo que funcionou en Castilla e León e estamos convencidos que a nosa experiencia funcionará en Galicia", asegurou José María Pérez " Peridis" na súa intervención.

Ademais, a Fundación Santa María la Real - CER aumenta a súa presenza en Galicia xa que conta dende outubro cunha delegación en Pontevedra encargada da realización da Enciclopedía do Románico, traballo polo cal recibiron en Castilla e León premios tan importantes como o Europa Nostra 1987 e 2003.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com