|
Xa hai mais de vinte anos que morrío Leoncio, e despois de todo este tempo transcurrido, tocou Leoncio a súa última nota. Leoncio, morrío xa moi vello, tanto, que xa casi nadie recorda datos do seu pasado, e os que creen recordar, difuminaselle xa, entre demencias e Alzeimeres. Leoncio, era o único que tocaba o violín en toda a Costa da Morte, e todolos dias, o caer a noite, chovera ou non, poñíase baixo do soportal da sua casa, a acariciar, mais que a tocar aquel vello violín do que nunca se despegaba. Leoncio era carpinteiro, e facía uns muebles dignos de un rei, de tanto arte e sutileza que desplegaba diante de unha peza de madeira. Esa misma sutileza, empleaba pro seu violín, e, aínda que ninguén coñecía aquelas melodías que el interpretaba, todos pensábamos que debían de ter sido escritas polo mismo Mozart ou por outro grande da composición. Por eso, que, todolos días, o caer a noite, os rapaces, desde moi pequenos, acostumbrámonos a estar sempre cerca da sua casa, e durante aqueles minutos que duraba o seu concerto, reinaba a paz e a concordia en todo o pueblo. A pesar de tocar tan ben, nunca se vío a Leoncio formando parte, de calquera das numerosas Bandas de Música que desde moi antiguo houbo por esta parte de Galiza. Sábese, eso si, que foi requerido por todas elas, pra que, co seu melodioso instrumento, dera o toque de distinción que todas pretendian e deseaban. Recordo a Leoncio, co seu pelo blanco como a espuma do mar, e co seu mandil, apretar a sua cara contra aquel violín brillante coma o mismo sol, ainda que fose noite. Recordo a Leoncio, mirando pra ningún sitio; quizás ao pasado, mentras as notas salían coma mariposas, lentas e coloridas, e algunha vez estando cerca, parecíome ver tamén acompañando a esas notas, unha lágrima. Leoncio morrío hai mais de vinte anos, unha noite na que non cabía unha estrela no ceu. Tan chea estaba esa noite de estrelas, que a misma lua, por vergonza, non quixo salir. Enterrárono co violín, e cerraron a porta da súa casa. Hoxe mismo, cando unha paleadora a tiraba abaixo, pra construir no sitio un edificio de apartamentos, uns nenos que por alí estaban, encontraron cousas , que dentro da casa había, e con elas empezaron a xogar. Un de eles, dandolle unha patada a unha xerra que parecía de latón, mandouna coma se de un balón de fútbol se tratara, a sete metros de distancia, xustamente a donde eu estaba, recordando a Leoncio, mentras a súa casa, coma el mais de vinte anos antes, morría. En principio, nin pra ela mirei, pero despois cando eu iba a darlle outra patada pra devolverlla o rapaz, xusto cando tiña o pe levantado, parecíome ver algo escrito naquela xerra. Agacheime, collina na man, e despois de limpala un pouco, vin, sorprendido, un nombre gravado con unhas deliciosas letras. O nombre, deixoume frio, e de golpe vin a Leoncio, naquela noite estrelada, tocando o seu violín. O nombre gravado na xerra non era outro ca “Titanic”. Columnas anteriores
|