|
Cee abre o prazo para as Vacacións en familia |
Correo-e
|
|
lunes, 12 de mayo do 2008 |
|
A Concellalía de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee, a cargo de Amancia Trillo Lago, xunto co Centro de Información á Muller comunícalle a tódalas mulleres que teñen fillos menores entre dous e doce anos (inclusive), que está aberto o prazo para solicitar as estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non-compartidas. As estadías serán de oito días (sete noites) en réxime de pensión completa, durante a primeira quincena do mes de xullo. Os gastos de aloxamento, anutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 18 de maio. Para máis información pasar polo Concello ou chamar ao 981 745 100. Fonte - Nota de prensa da Concellalía de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee.
|