|
Vimianzo argalla o Día das Letras Galegas con teatro e saber popular |
Correo-e
|
|
lunes, 12 de mayo do 2008 |
|
Este mes, ademais ser o Maio tecnolóxico, é o Mes das Letras, e o concello organiza unha morea de actividades complementarias ás tecnonlóxicas, e maila presentación do filme galego Pradolongo que terá lugar este mércores 14 no mesmo Telecentro. O Telecentro e a Biblioteca Pública Municipal de Vimianzo acollen unha exposición sobre Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O 17 de maio tamén se celebra o Día de Internet e o Telecentro da localidade soneirana ten programadas outras actividades. Dende o hoxe mesmo, luns 12 de maio de 2008, poderase visitar no Telecentro e na Biblioteca Pública Municipal de Vimianzo a exposición que nos achegará á vida e a obra de Xosé María Álvarez Blázquez, polígrafo ao que a RAG homenaxea este ano o Día das Letras Galegas. Acticidades culturais co gallo das letras Galegas O Concello de Vimianzo ademáis ten programadas outras actividades culturais: - Xoves 15 de maio: publicarase a relación de premiados do Concurso de recollida de tradición oral, organizado en colaboración polo Gabinete de Normalización Lingüística do Concello e polos Equipos de Normalización Lingüística dos CEIP San Vicenzo, Baiñas, A Ponte do Porto e Baio e dos IES Terra de Soneira e Maximino Romero de Baio.
- Sábado 17 de maio: función das escolas de teatro municipais en Vimianzo;
- Domingo18 de maio: función das escolas de teatro municipais en Baiñae Carnés;
- Venres 23 de maio: no Centro social de Vimianzo terá lugar a festa de clausura da Ludoteca.
- Domingo 25 de maio: función das escolas de teatro municipais en Salto e no auditorio de Baio.
- 31 de maio: A clausura das escolas de gaita e pandeireta terá lugar no Edificio de usos múltiples da Torre en Vimianzo.
- Do 31 de maio ao 15 de abril no frente da piscina municipal haberá unha exposición dos traballos realizados polo alumnado das escolas de manualidades, pintura e palillo.
Novas relacionadas Fonte e Máis información
|