Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Repasando o fútbol sala de Mazaricos  Correo-e
lunes, 12 de mayo do 2008

Da man do Coordinador Deportivo do Concello de Mazaricos, Andrés Tuñas Sieira, iremos repasando a actualidade deportiva do concelo xalleiro. Polo de pronto, damos un repaso ao fúbol sala, onde xa rematou a Liga, e as impresionates actuacións dos rapaces infantís e benxamíns nas fases provinciais e comarcais, respectivamente.

Image

I Trofeo de fútbol sala Concello de Mazaricos

Podemos ver na imaxe de arriba todos os participantes do trofeo, que incluiron as categorías benxamín, alevin e infantil. Os equipos que xogaron o trofeo foron o EDM Mazaricos, o EF Luis Calvo, a Esteirana e o Outes, quedando campións o EDM Mazaricos en benxamíns e o Luis Calvo en alevíns e infantís.

Equipo infantil Image

O equipo de fútbol sala infantil quedou 2º na fase provincial da Coruña perdendo na final contra o Narón (subcampoón de España), despois de ter gañado a ligasen perder partido e metendo 114 goles en 8 partidos (só 9 en contra). Na fase comarcal celebrada en Noia, tamén foi lograda polo rapaces ao gañaren na ás escolas deportivas de Cee.

Liga de futbol-sala Concello de Mazaricos

Hai pouco remataba a liga 2007/2008. tras 20 xornadas (só se xogaron 16 xa que houbo 4 equios descalificados), o campión, con tan só 2 puntos de vantaxe sobre o inmediato perseguidor, foi o Const. Moledo, que sumou 38 puntos, con 12 vitorias. O Pub Inferno quedou finalmente con 36 puntos, e o Santa Eulalia xa queda lonxe con 29 puntos.

A final da Copa celebrarase o próximo venres 16 de maio ás 22:00h. Ese mesmo día entregaranse os trofeos da Liga e da Copa.

Os benxamínsImage

O equipo de fútbol sala benxamín, non quedou atrás e colleitou un meritorio 2º posto na fase comarcal disputada en Padrón. Os cativos da bisbarra caeron na final ante Fisterra.

Este sábado17 de maio, os propios benxamíns participarán no V Torneo de Futbol 7 do RC Deportivo de la Coruña.

Fonte

  • Nota de prensa do Coordinador Deportivo do Concello de Mazaricos, Andrés Tuñas Sieira.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com