Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Un novo despido nas piscifactorías  Correo-e
lunes, 12 de mayo do 2008

Segundo informa a CIG, e como nos avanzaba a semana pasada Xabier Santos, esta pasada semana prodúxose un novo despido dentro da empresa norueguesa Stolt Sea Farm. En medio dun tedioso proceso de negociación do convenio colectivo que xa leva ano e medio, un veciño de Quilmas (Carnota), con máis de 15 anos de antigüidade, foi despedido sen xustificación algunha. "Baixo rendemento" é o que alega a emrpesa, e non fai falla nada máis para despedir a unha persoa que estaba de baixa médica, causada pola alta tensión laboral que veñen denunciando continuamente os traballadores das piscifactorías.

Quilmas tamén conta coa aprobación do TSXG

A Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas presentara unha denuncia contra o Plan Acuícola, semellante á realizada pola Plataforma Merexo non se vende, que esta pasada semana recibía a boa noticia de que a proposta foi admitida a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para a súa resolución pola vía do contencioso-administrativo. En Quilmas xa teñen esa notificación dende o pasado 9 de abril de 2008. A denuncia fora presentada por 15 veciños da aldea de Quilmas e agardan que valgan para algo.

Image 

Roteiro á LobeirasImage

Este pasado sábado si que foi posible chagra ás Lobeiras. Como vemos nestas preciosas imaxes que nos mandan dende a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, unhas 40 persoas mostraban o seu rechazo ao Plan e á piscifactoría de Quilmas no faro das illas. Achegados polo barco da empresa Beceo Finisterre, da man de Fernando Carrilo, os tripulantes da expedición difrutaron dunha xornada encantadora, na que respetou o tempo.

Reunión co Grupo do PSOE sobre a ILP

Varios veciños de Quilmas e doutros puntos da bisbarra, como o é caos de Camelle ou Merexo, coa colaboración de Adega, participarán nunha reunión co Grupo do PSOE sobre o asunto da Iniciativa lexislativa Popular para a protección do litoral galego, co gallo dos devanditos 500 metros. Xa tiveron xuntanzas cos grupos do PP e BNG, que con cadanseu intereseu, mostráronse encantados coa inciativa. A reunión terá lugar no Parlamento de Santiago este mércores 14 de maio de 2008.

Novas relacionadasImage

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com