Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os problemas dunha locutora de radio para desenvolverse profesionalmente con esta conexión  Correo-e
lunes, 12 de mayo do 2008

Xa vai sendo hora de colocarnos na bisbarra dunha volta en serio contra discriminación rural que supón os prezos e servizos do ADSL Rural. Atopamos cunha interesante inciativa que solicita firmas na rede para solicitar unha rebaixa nos prezos deste servizo. "Polo prezo do ADSL Rural", trata de involucrar a tódolos afectados pola calidade e polos prezos desa mentira que chaman o ADSL Rural. Buscando unha implicación directa de toda bisbarra, mesmo dos propios alcaldes, na iniciativa (tan só hai que poñer o nome, DNI e correo electrónico), iremos falando persoa a persoa con algún afectado da bisbarra, que hainos, e moitos. Podedes, deste xeito, poñervos en contacto con nós para contar o voso testemuño, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Hoxe comezamos con Susana Alvite, unha das voces máis coñecidas da bisbarra. Susana é a directora da primeira hora do magazine "Vivindo a Costa da Morte" da Radio Nordés, e cada día chega a Cee dende a aldea de Anseán, en Buxantes, no concello de Dumbría. En Anseán, "terra de ninguén" que lle din, non ha cable nin para o teléfono, que vai por satélite. Así, os problemas ca internet remóntanse uns cantos meses atrás, que saiba Susana, cunha intensa relación de odio, aquí non hai amor por ningún lado, con Telefónica, a única opción que temos, ata que R aterre definitivamente na Costa da Morte.

Ferramenta de traballoImage

Temos que comezar a tomar en serio que a internet é xa unha ferramenta de traballo de vital importancia, da que dependemos, cada día máis, unha boa parte dos traballadores do mundo e, como non, da bisbarra, aínda que non o pareza. E temos que decatarnos que se queremos fixar poboación no rural, ademais das axudas, tamén necesarias, no eido agrogandeiro, habemos ofrecer unha conexión axeitada para non frear o desenvolvemento profesional das novas xeracións, co gallo de non convertirnos en analfabetos dixitais, que ben define Susana.

Este é o caso de Susana, que cada fin de semana ter que marchar para Coruña para descargar e descargar toda a información que precisa para o seguir coa súa formación, cousa que dende a Costa non pode realizar pola velocidade da internet. Pensei en mudarme á Coruña, cóntanos Susana, no que sería unha perda máis na nosa bisbarra.

Ofertas, instalación e prezos

Susana ten probado todas as alternativas para obter unha conexión, digamos decente. Os veciños de Anseán xa solicitaran banda ancha, e claro, tivérona que quitar porque non ía. Ofértase un servizo que non pode dar. Para Susana as peripecias comezaron ao darse de alta. En darse de alta non hai ningún problema, claro, pero a instalación tardou 2 meses logo dunha loita ruda para facerse definitivamente co primeiro rooter de ADSL Rural. 300 euros de contratación e rooter, co instalador aparte, que lle dixeron na empresa, malia que a honra do propio instalador evitou o engano.

O servizo estaba instalado pero non ía. Pasaban as semanas e sa facturas seguían chegando. A pelota ía do 1004 á sección de averías, pero non chegaba unha solución. Susana intentouno tamén cun módem USB, que costaba 30 euros ao mes máis o que te pasase do límite establecido. Susana apunta que este método necesita que na zona haia unha cobertura de 3 Gb. Pasouse e moito, polo probou coa tarifa ilimitada, a 59 euros. Como un carro de vacas, define Susana a velocidade do servizo. Aos 4 meses a base duns 40 euros, Susana decide meterse na na loita por desapuntarse. ás 3 semanas recibiu unha carta para facer efectiva a baixa. Ao remate, máis de 400 euros que foron alá, e a ver se volven, que xa están pedidos. Sobre eses cartos a conversas ían tal que: - Arregle con cuentas; - Poderías darme o teléfono?; - É que non o sei.... Xa pasuo un mes e aínda non voltaron.

"Llamalo como quieras"

Os veciños da parroquia de Buxantes tamén queren internet. Peron non saben como. Hai algún que aínda ten esa cutre conexión, que segundo Susana non chega aos 512 Mb case nunca, ás veces anda polos cento e pico. Como me venden unha velocidade que non hai? preguntoulle Susana aos opererarios de atención ao cliente. "É o máximo ao que pode ir", tivo que escoitar de volta. Pero isto non é entón ADSL rural?; - LLámalo como quieras, foi a lapidaria resposta do operario de atención ao cliente, que malia non ter culpa ningunha, ás veces merecen as broncas. I é que coa infraestrutura actual o sevizo non dá para máis..

A todo esto, comentamos que ultimamente repítense os cursos e obradoiros de internet na bisbarra, da man dos dinamizadores da información que hai polos concellos da Costa ou dalgún responsable. Vemos o caso de Ponteceso (que estes días reuníronse coa Consellería de Innovación e Industria para colocar rede Wimax), un dos concellos que máis se moven en este eido. Pero e logo que? pregúntase Susana.

Contra a lei

Susana lembra a lei estatal de democracia electrónica, a Ley para el acceso electrónico de los ciudadanos a las Administraciones Públicas, que obriga aos concellos a aportar infraestrutras ademais e promover a internet e realizar actividades a partir a web de cada un. Por exemplo, o Plan Acuícola, cando foi publicado na internet para informar aos veciños do país e preparar as alegacións correspondentes, no tempo nun mes, houbo algún concello que non cumpríu a lei e non informou do asunto. Seica o concello era Camariñas, e os afectados da desinformación foron os veciños de Camelle coa granxa da Xandriña e de Arou, que non poideron enviar as alegacións a tempo por descoñecemento.

Firma "Polo prezo do ADSL Rural"

O ADSL Rural é un problema que afecta a un gran número de españois, é inxusto por cada un dos concellos polos que pasa. Así presenta esta importante e valiosa iniciativa da Asociación de Internautas, da man de Victor Faura. Para continuar, Víctor presenta a listaxe de prezos da cota mensual:

  • 512 kbps: 39 euros;
  • 1 Mbps: 74,98 euros;
  • 2 Mbps: 120,00 euros;
  • 4 Mbps: 150,57 euros.

É ou non é un abuso? Para Víctor Faura, como para nós, a resposta está clara, non está xustificado pagar estas cantidades xa que o acondicionameto das líñas estase a realizar con fondos Feder. Non queda aí a cousa, e así o supoñemos vendo os obxectivos do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio: o obxectivo é que todo usuario, independientemente da súa ubicación xeográfica, podia dispoñer de servizos de acceso a Internet en banda ancha en condicións similares ás disfrutadas polos usuarios de núcleos urbanos, cousa que por suposto, non se está cumplindo, e ademais das deficiencias das condicións, o desembolso monetaria é ata 3 veces superior nas zpnas rurais para a mesma velocidade que no urbano.

Así coa nosa firma solicitamos a Telefónica de España a rebaixa incondicional destes prezos para que sexan exactamente iguais aos proporcionados na maioría de zonas urbanas.

Firma aquí

Non temades, só hai que poñer nome, DNI e provincia:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com