doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

As redeiras da zona avanzan na loita pola consecución do seus dereitos  Correo-e
lunes, 12 de mayo do 2008

O colectivo das redeiras (e redeiros, que tamén os hai) ve cun maior optimismo o futuro dende hai uns meses. O traballo polo asociacionismo, feito conuxntamente cos grupos doutras comunidades autónomas do norte de España, vai dando os seus froitos. Xa teñen presenza na axenda dos políticos. Máis alá da habitual loita do nacionalista Bieito Lobeira no Parlamento de Galicia, agora é a súa compañeira de partido Olaia Fernández Davila a que vén de presentar unha pregunta no Congreso referente a idade de xubilación neste sector, maioritariamente integrado por mulleres. “A actividade que desenvolven estas traballadoras, a de atar redes para os barcos, é penosa e insalubre. Mostra delo é que se rexistra un elevado índice de morbilidade entre este colectivo, superior incluso ás dos mariñeiros ou mariscadores”, indica a deputada na súa proposta. O certo é que a loita polos dereitos da redeiras aumentou nos últimos tempos. Explícao Ángeles Mille, presidenta da asociación

O Fieital de Malpica e secretaria da Federación Galega: “De feito xa fixemos unha proposta conxunta con traballadoras de Cantabria, Asturias e o País Vasco a partir da chamada Declaración de Ondárroa. Acordamos levar proxectos en común, tentar lograr que se apliquen os coeficientes redutores da idade de xubilación que teñen outros profesionais do mar, que se recoñezan as enfer midades comúns como propias do noso oficio, etc”. Ademais de co BNG, contan co forte compromiso dende o País Vasco do PNV, que xa levou varias iniciativas no seu favor ao Congreso. Todo isto empeza a animalas a ‘asomar a cabeza’ e seguir traballando polo que debe ser seu.

Estamos falando dunha actividade que, como quen di, estaba en perigo de extinción. Transmitíase de nais a fillas, pero nós xa non tiñamos relevo xeracional porque a xuventude vía moi difícil vivir disto coas nosas condicións. Hai poucas rapazas novas traballando no cerco, pero empeza a haber máis nas artes menores. Hai moito interese polo noso traballo, mais mentres non consigamos unhas ganancias mínimas non podemos garantir nada. Se logramos establecer un salario mínimo, traballo haino. Isto sería moi positivo nunha zona con tanto paro feminino. É un oficio fácil de aprender e esperamos que coa nosa loita se vaia sumando máis xente”, expón Ángeles Mille.

O interese nacionalistaImage

Neste camiño vai tamén a proposición non de lei do Bloque Nacionalista Galego, que pretende “equiparar os seus dereitos aos dous outros traballadores do mar”, xa que “padecen diversas enfermidades relacionadas coa actividade que desempeñan, mais non se benefician dos coeficientes reductores da idade de xubilación, un dereito laboral que si desfrutan outros profesionais do mar do sector extractivo, e acollidos igualmente ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar”.

Para a parlamentaria do BNG, “é de xustiza que se equiparen os seus dereitos cos dos outros profesionais do mar, xa que sempre fican excluídas dos distintos decretos aprobados sobre coeficientes reductores”. Davila explica ao Goberno que o labor das redeiras se orixinou coa utilización das artes de enmalle na pesca a comezos do século pasado. “Son, na súa maioría, mulleres as que se adican a esta actividade. A maior parte desenvolve o seu traballo en pequenas poboacións costeiras de Galiza, e é unha actividade auxiliar da pesca que da traballo a aproximadamente mil duascentas persoas”.

Todas estas melloras poden ser consecuencia do Programa Arlinga 2008, un ambicioso acordo que foi presentado en Malpica hai uns meses e que in clúe actividades de formación e accións contra o intrusismo. Ademais de o Fieital, traballan na zona outras dúas asociacións:

Non hai moitas semanas atrás, as redeiras e redeiros galegos xa foran noticia. A Xunta anunciou a principios do mes de abril que destinaría 600.000 euros a un programa de axudas individuais. Foi o 8 de abril cando o vicepresidente, Anxo Quintana, firmou o convenio coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.

Accións como as promovidas pola Xunta a través de Vicepresidencia ou a recente proposta de Fernández Davila dan conta do éxito co que está traballando este colectivo por dignificar e facer valer a súa profesión. De momento, aos políticos xa lles soan.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com