|
Máis de cen persoas asistiron á festa do Hot Club de Jazz de Laxe |
Correo-e
|
|
lunes, 12 de mayo do 2008 |
|

Máis de cen persoas pasaron polo bar O Escaravello na noite do venres 2 de maio de 2008 para asistir a segunda festa do Hot Club de Jazz de Laxe. Con ela, segundo explicou o seu presidente, Víctor García, “queríase demostrar que vai en serio”. Na celebración presentouse o cartel do próximo festival Atalajazz, un dos motivos polo cal se constituíu esta asociación. O programa estará integrado pola Carlos Childe Troupe, Mister Dixie e Sac Noir. Ademais, haberá ‘jam sessions’ con músicos locais e foráneos. Tamén deu tempo a facer algunha que outra ‘jam session’ con clásicos da música jazz na propia festa do venres pasado. Subiron ao escenario do Escaravello varios membros da directiva do Hot Club para “amenizar a velada”. Igualmente, vendéronse camisetas e diverso ‘merchandising’ para seguir recadando cartos que se destinarán a novas accións do club e ao mesmo festival Atalajazz. Dende a xunta directiva séguese chamando á colaboración de todos os interesados. Novas relacionadas Fonte
|