|
O pleno do pasado venres 9 de maio de 2008 viña intersante. O grupo municipal mostrábase incompleto ante a ausencia dun membro da oposición Isto facía que o grupo de goberno formado polo PSOE e o AIM, poidese aprobar o asunto máis importante da orde do día, os orzamentos municipais para este ano, polo voto de calidade do alcalde. I é que o grupo de goberno está en minoria con 6 concelleiros e a oposición, BNG, o AVE e o PP, ten outros 6 ata que tome posesión o concelleiro do BNG que substituirá a Emma Abella. A oposición non aguantou a na votación sobre os orzamentos, e abandonou a sala, ao igual que varios veciños asistentes, en protesta por utilizar a coxuntura para debater un asunto de tal importancia. O alcalde, José Ramón Varela Rei, ten claro a postura do seu grupo xa que sinalou que non habería variacións no documento aínda que estivese ese concelleiro. Moción de censura Todo isto pode rematar en moción. Así nos comentan os nosos dende a web Anosacosta.com que recollen as declaracións do voceiro do AVE, Xosé Manuel Vila Pérez, ante a pregunta do presentador do programa Protagonistas Noroeste de Punto Radio, Xosé Manuel Lema. - ¿Isto podería acabar nunha moción de censura?, preguntoulle Lema; - Pois non lle extrane nada de que poida pasar iso, respostaba Vila. Fonte
|