|
A escritora ceense Rocío Leira, que o mes pasado xa saira vencedora do da X edición do Certame de Narración curta en galego Ánxel Fole, convocada polo Concello de Lugo, esta semana recollerá o premio do I Concurso de Relatos Curtos e Poesía da Asociación Cultural As Angustias de Nigrán. Rocía gañou desta volta na modalidae de relato curto, e terá que ir este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, ata a vila pontevedresa para recibir o premio. A matemática ceense, residente en Compostela, non para de recibir premios e xa son case 90, sempre nos seus xéneros preferidos, poesía e relato curto. Entre os premios máis relevantes que ten recibido, Rocío lémbranos varios: que se o Rita Suarez Amado de Coruña, que se o Premio de poesia Diaz Jacome para nuevos creadores, entregado pola Fundación Caixa Galicia, que se un do concello de Quiroga de relatos, ou o Premio Ourense de contos para a mocidade. Aí é nada. Deste xeito, Rocío ten varias obras súas editadas, pero compartindo formato cos outros gañadores de cada concurso, en edicións limitadas co gallo dos premios. Xa terá que haber algún editor interesado na artista da Costa da Morte de seguro, e senón, pronto chegará. Polo de pronto, ofrecemos o noso humilde diario como unha plataforma para que Rocío se exprese como queira. Parabéns Rocío. Novas relacionadas Fonte
|